martes, 14 de abril de 2009

Historia do Convento do Rosario (VII)


1830

Un novo Prior dirixe neste ano á comunidade, Fr. Bartolomé Rodríguez, que en xaneiro viaxa a Santiago de Compostela para realizar dilixencias. Sin embargo, Fr. Fructuoso Castaño terminará o oficio de Prior en Xuño de 1831. ¿Enfermidade? ¿Situación excepcional? O caso é que Fr. Fructuoso renovará en setembro de 1831 o seu cargo coma prior.

No Val de Meirás, o Convento conta con terras e dereitos, polo que no mes de Xaneiro paga a contribución “por millones y frutos civiles, y utensilios de la tierra del Bal, 0,35 rs). A finais de 1830 pagan por contribución destas terras 20 reais.

Siguen pagándose 10 reais á mandadeira que realizaba as compras en Ferrol. E igual que pasara no ano anterior se gastan 140 reais en menciñas e visitas a enfermos da parroquia.

En febreiro mércanse unhas novas cordas para as campas (15 reais), e págase ó sancristán, Antonio Suárez, e ós criados Juan Cabarcos e Andrés Pita.

As obras continúan no Convento, e cómpre traer pedra da canteira, polo que no mes de abril se mercan 6 libras de polvora (51,1 reais).

En xuño mércase unha polea e unha corda para unha lámpada para a Igrexa (6,28 reais), e 2,12 reais de dous calendarios. Nese mes continuase adquirindo libros litúrxicos para a vida de oración da comunidade, deste xeito mércanse libros corais por unha cuantía de 1010 reais (10 de libranza).

En xullo un veciño de San Sadurniño, Antonio Romeo, adxudica ó Convento de San Sadurniño as pezas do Pedregal, a Cortiña, “o Casal do Santísimo Sacramento de Pedroso”, e o monte de Villafiunce. Non sabemos si por esta xestión, gratifícase nesas datas ó escribano don Manuel Bustamante con 320 reais.

En agosto mércase outra polea para unha lámpada, pero neste caso para colocarlle á imaxe da Concepción. A comunidade sigue recibindo unha Gaceta para informarse das novas, normas e lexislación e estar ó día, pero neste caso a Gaceta que ser recibe é a de Madrid, que co tempo acabou chamándose B.O.E.

O 10 de setembro de 1830 o Convento recibe ó visitador da orde despois de cinco anos sin visitar: “N.M.R.P. el Maestro Fr. Fernando Mena Cared(co) Jubilado en la Universidad de Salamanca, Predicador de S. Magestad y Prior Provincial de la Provincia de España”. O visitador levou unha propina de 240 reais.

En outono mércase 137,16 reais en tela “estameña” negra para vestir a Fr. José Núñez. Maior gasto en vestimenta percibeu o Padre Predicador Fr. José Pérez García (1116 reais). O frade que saía da casa para predicar tiña que ir decentemente, para representar debidamente ó Convento.

En novembro o Padre Prior Fr. Bartolomé Rodríguez regresa da vila de Noia nunha viaxe que se realizou a cabalo. Gastouse en ir a buscalo 55 reais.

A finais do ano 1830 a comunidade sigue co preito por mor do Igresario de Neda, nas contas de novembro dícese: “320 reales al procurador Dorado en el el tribunal Eclesiástico de Mondoñedo para cuentas futuras sobre el pleyto que se ventila sobre el yglesario de Neda”.

Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño

No hay comentarios: