Coro e Facistol do Convento dos Dominicos de San Estevo de Salamanca, onde estivemos recentemente traballando na documentación da orde dominicana en relación ó convento de San Sadurniño
1833
As contas de 1833 nos fan comprender a posible razón de que o chán do claustro esté en terra, o claustro foise construindo a tramos, pouco a pouco, o proceso de empedrar o chan podería ser o definitivo. En 1833 estanse a facer importantes obras no propio claustro, nun dos catro pórticos que o forman e que nese momento se estaba a rematar. Nas contas de xaneiro de 1833 figuran 2500 reais de “cantería para la obra”, e en febreiro 2081 reais que se entregaron na orde de 1928 ós canteiros e 141 en cal, máis os xornais dun peón, un “tranquero”, un “carretero”, e en “apuntes de picos”.
No mes de marzo páganse 1000 reais por tablas para o teito e para “trabajo obra”. Existe un gasto nese mes de 6380,17 reais pola “obra nueva a los canteros”. Deles 560 reais entréganse ós carpinteiros. Tamén se paga ós carpinteiros 1280 reais.
Nas contas descríbese algo da obra dícese:
“mas quinientos sesenta rs de ciento y vte y cuatro varas de piso y herraduras de 7 luces y sus bastidores”.
Cada pórtico dos catro que forman o claustro tén sete arcos, nas contas fálase de “herraduras de 7 luces”, podemos estar a referirnos ás cimbras que se colocaban de madeira para apousar sobre elas a canteiría mentras se construía cada arco.
Sobre esta obra apórtanse novos datos cando nas contas de ese mes se nos di que:
“160 rs de gratificación a los canteros por la obra nueva con los que se despidieron”.
Con este dato sabemos que no mes de marzo de 1833 as obras proxectadas do claustro xa estaban rematadas. Sabemos tamén que se trata dunha obra grande polos presupostos gastados na mesma, e finalmente, sabemos que era unha obra nova. Suficientes datos para concluir que o claustro de San Sadurniño responde a diferentes épocas de construcción, da que a parte máis importante tería sido realizada no ano de 1755 coma figura na inscripción da porta do claustro e incluso na basa da escalinata do propio cruceiro.
As circunstancias adversas á vida relixiosa e á existencia do propio Convento debidas á ameaza do Estado naqueles momentos sigue facéndose presente. Ó tempo, o temor a ataques nos desprazamentos fora do Convento, ou o saqueo de bens dos frades, leva a continuar renovando a licencia de armas, pola que pagan nese momento 20 reais, e en maio pagan 30 reais por dous cans.
Outros gastos salientables de ese ano poden ser os de 124 reais de vestuario do Padre Fr. Basilio Bernández en marzo, en setembro 150 reais para o vestuario do Padre “Moreyra” e 226 do Padre Trigo.
No mes de xuño perciben os froitos dunha leira no “torrón” en Pedroso, e en setembro pagan á Cámara Generalicia (“curia generalicia” debéramos chamarlle) 1095 reais.
Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño

No hay comentarios:
Publicar un comentario