martes, 14 de abril de 2009

Historia do Convento do Rosario (VI)


1829

A invasión francesa de 1808 supuxo o saqueo, destrucción, roubo dos conventos, expulsión martirio de moitos dos frades. O trienio liberal de 1820 a 1823 levou a cabo un plan de disolución das Ordes Relixiosas. A oposición liberal antieclesiástica chegou ó seu punto culminante nos anos 1835 a 1837 coa supresión das comunidades relixiosas e a incautación dos seus bens. Só quedou dos dominicos en España o Convento de Ocaña como lugar de formación para os novicios con función do seu envío ás comunidades de ultramar. A vida, polo tanto, nestos derradeiros anos, para a comunidade de dominicos de San Sadurniño, non foi doada.

No mes de Xaneiro de 1829 contribuen con 2,17 reais para a construcción da ponte de Belesar sobre o río Miño que se estaba a realizar naqueles momentos. En Febreiro e Abril córtanse castaños nas súas propiedades de Agra e condúcense ata o convento. En Marzo nárrasenos o gasto de 10 reais na composición das parras, o que nos amosa, que a pesares de traer o viño de fóra, tamén existía colleita propia. O cambio climático da segunda metade do século XIX provocou a localización do viño só a unhas rexións determinadas, cando anteriormente era un cultivo máis xenérico.

Algún asunto lles debeu tramitar o escribano de Serantes polo que en Marzo de 1829 entregóuselle unha gratificación de 60 reais.

Cara a 1840 comezaron a nacer xuntas sanitarias que obrigaron a cambiar os enterramentos do interior das igrexas ó exterior, para previr enfermidades coma o cólera. En 1829 aínda chegan pedra e canteiros do “Cidro de Moeche”, para a construcción de novas sepulturas na Igrexa. Págase 682,17 reais ós canteiros, e 187, 17 reais pola canteiría e a súa conducción.

En Xullo acométense obras de pintura e encalado do coro, da Igrexa e ó tempo píntase a imaxe de San Vicente, que todavía se conserva na parroquial.

Tamén nese mes mércanse 17 arrobas de aceite por 722 reais, máis “8 reales incluidos del porte desde Juvia”. E ademáis viño branco e viño tostado que viña nunha olla, que costou, incluido o porte desde Ribadavia, 344 reais. Nas festas de ese ano debeu vir predicar o capelán dunha capela de “Guadalupe”.

Nas contas de agosto cítase a existencia de lo menos un relixioso lego, ó que se lle merca tela “estameña” por valor de 55 reais .Mércase unha sella por 14 reais, e comézase a mercar libros para o oficio das horas da comunidade. Neste caso trátase dun salterio para o coro que tivo o prezo de 226 reais. A este prezo houbo que agregarlle 70 reais polo seu porte e o de tres misais dende Madrid. A finais de ano aparece o prezo (448,17 reais) de esos tres misais e escríbese “de Madriz”. Chegan tamén tres últimos tomos del “rancio”, pagándose 60 reais.

Achegábase o mal tempo e o frío e había que provisionarse. A comunidade merca 914 reais de centeno, cebada, nabos…, en outono chega ata o convento leña dos montes de Agra e da Leira que tiñan baixo o adro da Igrexa. Chegan en total 38 carros de leña. Por algún motivo aprovisionáronse con estos carros, sustituindo ós que anualmente chegaban da fraga do Marqués, que neste ano non se citan.

Os frades implicábanse na vida do seu entorno, visitaban enfermos da parroquia, ás veces entregábanlles o preciso para menciñas, coidaban deles, e os visitaban. Resultante de esas visitas durante o ano 1829 aparecen en Xaneiro do 1830 a cantidade de 140 reais “de visitas a los enfermos de la parroquia”.

A relación coas xentes onde viviron, cumpría o pastoral na atención e acompañamento ós doentes, a liturxia e acompañamento das almas, e o darlle traballo a moitos dos veciños. Xa fomos citando algúns de esos traballos e de esos veciños. En 1829 déixanse ver nas contas o sancristán nese ano que se chamaba Antonio, unha muller que facía a tarefa de ir a mercar viandas para a comunidade a Ferrol, e que percibeu 10 reais por esta tarefa no mes de Santos, e tamén o pago de 60 reais por 30 xornais de “deshoje maiz”.

No Nadal de 1829 entréganse 547,18 reais á “Camara Generalicia” (365 por 1829 e 182,10 por 1830). A esto hai que engadirlle 93,3 reais de contribución á Provincia, 165,32 reais de subsidio eclesiástico.

Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño

No hay comentarios: