martes, 7 de abril de 2009

Historia do Convento do Rosario (V)


Santo Domingo de Guzmán



Santa Juana de Aza ou Juana Garcés, nai de Santo Domingo, beatificada en 1828.


Convento de Santo Domingo el Real de Madrid


1828

O Prior Fr. José García marchara para Madrid para o Convento de Santo Domingo el Real, Convento que se conserva hoxe en día , xa de construcción contemporánea, reconstruído e remodelado. Alí permanecería ata 1836 en que foron exclaustrados de Madrid os dominicos.

Non só marcha o prior neste ano senón que en febreiro tamén o fixo, non sabemos por que motivo, o Padre Francisco Rial, pagandolle 176 reais polo vestuario. No mes de marzo renuncia o superior Fr. Nicolás Rial, en data 14 de Abril. Ata o mes de xullo, en que tomou posesión o novo prior o Convento quedou algo descabezado. En marzo págase tamén ó pinche da cociña, José de Pouso, que lle axudaba a Luis da Fraga, 26 reais.

No mes de abril figura térselle pagado ó mestre de “mas” e ó mestre de primeiras letras. Entre as compras chámanos a atención a compra de algodón, os 4 reais de xornal por “majar el maiz”, e de novo 187 reais polo chocolate do mes da pascua.

A obra do claustro continúa, e a ela súmanselle a compra de 220 ladrillos, de tella que proviña de Narón, o arranque de pedra para o muro de “suafraga”, e os 79 reais polos ferros para a ventá da cociña. Estamos no mes de xuño, e cómpre prata para pagar as obras. Non sabemos se un papel solto que se conserva no libro está facendo referencia a esto ou á tasación de prata nalgún outro momento. O feito é que este papel di:

“plata 2600, pesetas 400, oro 2000, mas oro 400, …”

En xullo de 1828 Fr. Fructuoso Castaño toma posesión como prior de San Sadurniño en data 31 de xullo, despois de visitar no mes de xuño o convento de Coruña. En setembro Fr. Fructuoso viaxa a palencia, viaxe que deu un gasto de 640 reais. Nese ano beatifícase a Juana Garcés, tamén chamada Juana de Aza, nai de Santo Domingo e a orde de San Sadurniño aporta 420 reais para a súa beatificación.
Este é un ano de viaxes, e tamén neste momento visítase ó Bispo de Mondoñedo, Monseñor López Borricón, un bispo que se apuntará e liderará causas carlistas e que acababa de tomar posesión coma bispo no ano anterior.

En outono un carpinteiro realiza traballos de composición da celda prioral (243, 24 reais), que se blanquea. Ademais realízase o tabique da portería e fanse obras no hospicio. Utilízase para estos traballos area de Pedroso, cal de Moeche, ademais de 24 reais de cal da fabrica de “Pensel” que estaba ubicada en San Jorge.

Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño

No hay comentarios: