Mostrando entradas con la etiqueta Capela de Silvalonga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Capela de Silvalonga. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de enero de 2009

Tamén nas Capelas, coma en Silvalonga


En moitas das capelas dos nosos barrios tamén se fixeron artesanais presentacións do nacemento, coma este tan sinxelo e tan fermoso da Capela de Santiago de Silvalonga

viernes, 25 de julio de 2008

Santiago de Silvalonga - Peregrinaxe



A celebración das parroquias neste día congregouse na Capela de Santiago de Silvalonga, ata a que peregrinamos camiñando 25 persoas dende a Parroquial de San Sadurniño. Esta foi a primeira camiñata parroquial. Saíuse ás 12:00 horas e ás 13:00 tivemos a Celebración da Eucaristía na Capela de Silvalonga cunha afluencia superior ás cen persoas. Rematada a Eucaristía tivemos a procesión do Apóstol, entrega dun pergamino ós camiñantes e finalmente un xantar compartido nos exteriores da Ermida. O vindeiro ano repetiremos a experiencia.