viernes, 17 de abril de 2009

Historia do Convento do Rosario de San Sadurniño (IX)


Facistol. O de San Sadurniño non se conserva, pero queda constancia por escrito da súa compra neste ano


1832


En xaneiro de 1832 a comunidade sigue a ter medo pola situación adversa na que se atopan logo do plan para a expulsión das ordes relixiosas. Incluso poida que medo ós ladróns e saqueadores de gando. Mercan un can (en xuño mercarán dous, 80 reais) por 40 reais. Nese mes un relixioso desprázase ós dominicos de Betanzos, viaxe que ten un custo de 26 reais.


En abril mércanse seis ferrados de terra por 1090 reais a Vicente Calbo, ós herdeiros de Juan de Couce e á muller de Andrés Casal, e síguese pagando a contribución do Val (15 reais).


En maio, pola Pascua gastáronse 18 reais en dúas docenas de foguetes.


No mes de agosto mércase unha peza importantísima en todo Convento, peza que deu nome a este blog que estás a visitar, utilizada para colocar os libros de cantos e rezos no centro do coro e para ser seguidos así polos frades: O FACISTOL. O facistol de San Sadurniño mercouse por 904 reais e conduciuse ata San Sadurniño dende A Coruña:


“mas nuevectos quatro rs, asaber, quinientos pr la echura de facistol del coro, ciento del latón para el mismo, cuarenta de gratificación, ciento noventa de la echura del Redentor y su pintura, diez rs del copón pª conducirle, y sesenta y qtro por conducir todo de la coruña a esta…”


Xunto ó facistol mercouse un libro de mártires (50 reais), varios libros do rezo dos oficios novos (4,8 reais), unha capítula (20 reais) e éstas pezas trouxéronse dende Madrid.


O inverno logo chega e hai que provisionarse, a finais de agosto chegan ó Convento “8 mojos y 5 ollas” de viño tinto “del Rivero” (1380 reais).


Chega o mes de setembro, o claustro está prantado de limoeiros, pero si non se forzan as súas ponlas fanse vagas e non dan. Constrúense 9 pezas de cantería (pouco despois outras tres) para amarrar os limoeiros (360,16 reais), e faise tamén unha peza de cantería “pª la puerta del Coro”. Pedra que todavía está coma dintel da porta do coro e que destaca por ser de feitura nova.
Nese mes o Prior viaxa á Coruña (16,12 reais) e voltará a Coruña de novo no nadal (27 reais).


Estase a facer unha obra nova no Convento de San Sadurniño. As contas sucesivas revelaránnos que se trata de rematar un dos claustros, que no momento todavía non estaba rematado. Chegan nesta data tablas de castaño e clavos para pisar.


En setembro chegan tamén novos libros corais para a liturxia e a oración da comunidade. A compra foi importante porque neles gastáronse 3000 reais (700 de encuadernación de tres que estaban a encuadernarse en Lugo, e os restantes para o traballo dos mesmos, ademáis dun deles que proviña de Santiago).


Chegado o mes do nadal entréganse 124 reais para o vestuario do Padre Fr. Manuel Moreyra.
As terras e os bens adquiridos despois do Concordato entre A Igrexa e o Estado (ano 1753, en tempos de Fernando VI) pasa factura ó Convento que ten que pagar 106,32 reais de contribución a finais de 1832.


Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño

No hay comentarios: