Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de diciembre de 2010

Festival de Nadal Interparroquial











Este ano o Festival será o vindeiro 29 de Nadal ás 18:00 horas no Salón de Actos de Cultura. Estamos todos invitados. Aquí tendes algunhas das fotos do pasado ano.

lunes, 27 de diciembre de 2010

Y la Palabra se hizo carne, y acampó entre nosotros


Pincha na imaxe e desfruta do video. Trátase do que segue:
"Sucede nun Centro comercial; todo o mundo está a tomar algo tranquilamente despois dun día de compras.
De súpeto, entre a multitude, unha moza que parecía estar a falar por teléfono comeza a cantar o Alleluia de Händel ante os comensais sorprendidos.
Acto seguido, outro mozo levántase e séguelle o ritmo da canción.
Como podes imaxinar, a multitude alí congregada non podía crer o que ouvía.
Nun principio quedaron coa boca aberta, pero deseguido reaccionaron e sacaron as cámaras dos seus móbiles para inmortalizar o momento. Pero aí non acabou a cousa, rapidamente uníronselles máis persoas.
Resulta que 80 membros do coro de Niágara de Canadá mesturáronse discretamente entre a xente do restaurante.
O que parecía un acto espontáneo foi algo previamente preparado durante varias semanas.
Había que telo todo planeado até o último detalle. Non podían informar a ninguén no centro comercial até o último momento para que a sorpresa fose completa. A pianista que se encargaba de ambientar musicalmente o centro comercial tocando panxoliñas foi a que se encargou de dar o sinal de saída ao facer soar as primeiras notas do Aleluia.
O resultado non deixou indiferente a ninguén. E é que os mozos do coro conseguiron que todo o mundo sentise o espírito do Nadal. Bordárono.
Unha aperta e Feliz Nadal!!

(tarxeta nadal chegada á redacción desta páxina)