Mostrando entradas con la etiqueta Capela de Belén. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Capela de Belén. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de diciembre de 2007

Bendición Imaxe Virxe de Belén


Hai máis de 25 anos que a imaxe da Virxe de Belén desaparecía desta emblemática capela ubicada en plena vila. Dende a lembranza, os veciños e o crego don José tentaron que a capela suplira a carencia cunha nova imaxe. O proxecto realizaríase gracias á colaboración dos veciños e dun novel e creativo escultor (Carlos). Fíxose así posible que neste ano bendecísemos a nova imaxe coa que imos compartir a súa primeira data de celebración da Natividade de Belén o vindeiro luns (día de Noiteboa). A continuación varias imaxes da bendición realizada polo crego nativo de San Sadurniño, Javier Rodríguez Couce.