miércoles, 6 de abril de 2011

Os Curas Novos no Teologado Diocesano


O luns, día catro de abril, foi unha xornada especial no Teologado Diocesano. Os sacerdotes novos da diocese, acompañados polo bispo, tiveron un encontro de convivencia cos seminaristas maiores.

Pasadas as doce da mañá chegaron ó Teologado o bispo e un grupo de máis de vinte sacerdotes para pasar o día cos seminaristas maiores. Despois dun primeiro encontro informal tivo lugar un xantar de fraternidade. De seguido, despois da sobremesa, chegou o momento para compartir experiencias e inquedanzas. Interviron o bispo da diocese, Mons. Manuel Sánchez Monge, o rector do Seminario, Gonzalo Varela Alvariño e mailo delegado do clero, José Vega Pérez. Durante o encontro cada un dos seminaristas compartiu cos sacerdotes a súa propia experiencia vocacional. Tamén varios sacerdotes fixeron unha sinxela valoración da formación recibida no Teologado compartindo os seus recordos e a súa experiencia. A celebración da Eucaristía, que presidiu o bispo, foi o remate desta xornada de convivencia, que se celebrou no Teologado Diocesano co gallo do seu vintecinco aniversario.

No hay comentarios: