lunes, 30 de marzo de 2009

Historia do Convento do Rosario de San Sadurniño (I)


San Sadurniño setembro de 1835
Os últimos días da Comunidade dominica do Convento do Rosario


Septiembre de 1835

“En últimos de este mes haciéndose cargo el crédito público de los papeles y enseres de esta comunidad, se dio por concluido este libro, y así lo firmamos a vte y siete de septe de mil ochocientos treinta y cinco.

Fr. Thomas Sieyra Fr. Bartolomé Rezl”
Presidente

Con estas palabras remata o derradeiro libro de contabilidade do que se apropiou o Estado coa desamortización, e que hoxe se custodia no Arquivo do Reino de Galicia (ARG 45296 signatura antiga, 484 (327) signatura actual). Por ese libro de gastos achegarémonos con este artigo a cómo viviron aqueles conventuales de Santo Domingo que moraron tras dos muros dun convento milenario, despois de máis de trescentos anos de permanencia da orde en San Sadurniño, e logo de ampliar a Igrexa e construir o actual claustro aló polo 1755.

O 20 de Marzo do mes que remata cumpríronse 501 anos da reconstrucción do Convento de San Sadurniño e rematamos un V Centenario que tivo como intención revalorizar e ollar con novos ollos este edificio que preside a vida desta pequena vila, e que alberga o Concello, os Servicios Sociais, a Garda Civil, e ata hai dous meses a Casa Reitoral.

O último libro do Convento dá inicio á contabilidade dos frades no primeiro de marzo de 1824. Por el sabemos que nese mesmo momento entraba a ser prior, subsanando unha vacante, Fr. Andrés García. O texto reza así:

“En 1 de Marzo de 1824 entrando a ejercer el Priorato de este Convento de Sta Mª la Mayor de San Saturnino, el R. P. Pred(or) titular Fr. Andres García tomó cuentas del recibo y gasto durante la vacante”.

Pouco foi o tempo que aquel prior dirixiu a vida do convento de San Sadurniño, porque nese mesmo ano, no mes de setembro cambiou o seu destino pasando a ser mestre dos estudantes do Convento da Coruña. San Sadurniño, segundo a tradición dos dominicos, era un convento de marxinalidade, onde se destinaban ós monxes de malos comportamentos e aqueles de menor valía. A capacidade intelectual do novo prior ben poidera quedar constatada pola súa breve estancia na rexiduría do Convento de San Sadurniño. O texto di:

“En vte y cinco del pte del año de mil ochocientos vte y cuatro renunciando este Priorato de nra Señora la maior del Rosario de Sn Saturnino, el M.R.P. Predic(or) Fr. Andrés García, p(r) promoción á Maestro de estudiantes del Conv(to) de nro P. Sto. Domº de la Coruña; Dio cuenta al P. Superior y Depositarios…”.

Cada vez que se realizaba o traslado dun prior o Convento pagaba os gastos da viaxe e de portes dos seus enseres, e co continuo cambio de priores que San Sadurniño vivíu en tan poucos anos debeu de padecer de continuo unha boa sangría económica. Nas contas figura que se gastaron 56 reais “de condución de los baules del P. Prior a la Coruña”. Mercáronlle tamén uns zapatos por valor de 20 reais. E incluso en Febreiro de 1825 houbo que pagar 130 reais polo seu vestuario que se quedaron a deber.

O Prior era o que saía a outras vilas a facer as compras para a comunidade. Fr. Andrés García, viaxou durante a súa curta estancia a Ferrol e a Mondoñedo.

A economía do Convento non era boa, e imos falar de varias débedas que nese verán de 1824 están a pagar, coma a que tiñan co Prior de Lugo para acompañar ós novicios do Convento a Salamanca. Esto apórtanos o dato da comunicación do Convento de San Sadurniño co de San Estevo de Salamanca, a donde probablemente acudirían os novicios para recibir a súa formación. A escola dominica salmantina era moi afamada, naqueles muros se formaron os monxes máis intelectuais da orde e de alí sairon frades sabios que seguen a ser pilares egrexios dos cauces do dereito.

“800 rs que puso el prior de Lugo para el viaje de los hijos de este Convto (novicios) a Salamanca y tuvimos que abonar”.

Ó chegar a San Sadurniño Fr. Andrés García topouse con deudas de 6136,24 reais. O convento tiña o seu claustro cheo de limoneiros coma prantación básica, estaban ben aboados con “retama” e unha horta (hoxe cementerio, centro de saúde) que lles reportaba boa parte do consumo alimentario. Pero a dieta precisaba enriquecerse con outras compras. Nese mes de marzo do ano de 1924 aparecen na cesta da compra ovos (18,18 reais), queixos (25, 16), pescado (26, 30), cebolas (7, 16), figos e un caixón de pasas (68, 16), carne (13), carne de tenreira, tripas, castañas, hortalizas, amendoas … A todo iso había que aumentarlle os gastos das formas para a comunión dos fieis (8 reais), e os gastos do xastre.

O viño non podía faltar, logo falaremos dos tipos e das súas procedencias. En Marzo de 1824 mercáronse 700 reais de viño.

A tonsura e o rapado do pelo era algo moi coidado polos frades, por iso aparecen 80 reais que nese mes de marzo se lle pagaron ó “rasureiro”.

O Convento tiña dereito a un número de carros de leña da Fraga do Marqués, que servían para subsistir durante o inverno. A xente maior lembra un porto para as barquiñas da marquesa, e consérvanse fotos de ese embarcadeiro. Pero, polos datos que fun atopando, é moi posible que este enclave tivese outra función precedente. Os frades tiñan un cargadoiro para axudarse a carretar a leña. En abril de 1824 páganse 102 reais por podar leña e traela ata o cargadoiro. Nese mesmo mes páganse 200 reais ós “serradores del bosque”, o que nos fai pensar que se trataba doutros operarios e poida que dunha madeira destinada a unha función diferente.

Algúns productos tiñan cargas e impostos, coma o sal, polo que no mes de Maio de 1824 pagouse unha contribución de 67,10 reais. E o imposto máis duro resultaba o do Estado, a quen viñan pagando nese ano 1176 reais en concepto de “Cámara Generalicia”.

A medicina e a veterinaria asemellábanse nas sangrías que tiñan que padecer ata os mesmos animais. Así, no mes de maio realizáronse sangrías ós cabalos.

Nese ano está en curso un preito pola auga, por este libro descoñecemos con quen, pero dícese que no mes de Maio entregóuselle copia do preito á marquesa, tendo un gasto de papel e do amanuense de 66 reais.

Para o Convento traballaban unha serie de persoas da vila, a quenes lles entregaban mensualmente as súas pagas que denominaban “soldadas”. Durante todos estos últimos anos dos frades foi o cociñeiro deles Luis da Fraga, que ás veces era axudado por un pinche.

Naquel tempo non había botica en San Sadurniño, e acudían ó boticario de Neda (vila da que San Sadurniño tivo que ter unha forte dependencia nos séculos XVI, XVII, e XVIII, dada a súa importancia e cercanía). En 1824 gastáronse 311 reais na botica nedense.

O tempo xa non se medía so polo reloxo de sol que todavía na actualidade pendura no claustro, senón que consta que existían lo menos varios reloxos de maquinaria, porque nese ano gástanse 20 reais na “composición de un reloj”.

Para traballar na horta e cortar a herba cumpría mercar ferramentas coma as “tres azadas” que se mercaron nese ano por 21 reais (un real máis ca os zapatos do Prior).

Nese ano fixéronse pequenos arranxos polo que figuran 8 reais a un carpinteiro no mes de maio e 144 reais de cal no mes de xuño.

Os cuartos do convento tiñan o nome preciso que se lles atribue en tódolos Conventos, así había un refectorio para o que en xuño se mercou unha “alcuza” por 5 reais, unha bodega para a que se mercaron dúas billas por 30 reais.

Dícese que en San Xoán a sardiña molla o pan, e certamente no mes de xuño de 1824 consumíronse sardiñas no Convento de San Sadurniño, que valeron 19,16 reais, xunto a 49,26 reais gastados noutros pescados. A sardiña, pola súa conservación desde o método da salazón, aparece na documentación a miudo. Algo celebrarían os monxes cando nese mes tamén se mercaban postres (2,12 reais).

No mes de xullo son sempre as festas de Santa Isabel, e os frades celebrábanas con chocolate. Primeiro había que molelo e por iso aparece nese ano 367,28 reais de “molienda” de chocolate para a orde. Houbo que amañar a chocolateira xunto cun farol (6 reais), mercáronse 16 reais de bizcoitos, 3,4 reais de augardente, 3,16 de arroz, 5,14 reais de fideos e café, 4,20 reais de “cazuela e pimentón”. Así foron as festas.

Non podía faltar a celebración ó Fundador da Orde, Santo Domingo de Guzmán, o oito de Agosto. Na contabilidade do mes de agosto figuran 15 reais de fruta, e tamén mercouse manteiga fresca para o que eles denominaban o día do “Patriarca”.

Aproveitando o verán os frades cambiaron as tellas, mercaron 1300 tellas, tiveron que pagarlle a un carpinteiro, e ó mesmo tempo estaban a realizar tarefas de canteiría, sabemos o nome de dous dos canteiros: Tomás Martínez e Manuel (percibiron 64,24 reais).

Entre as “soldadas” pagadas en agosto aparecen as pagadas ó ferreiro por ferraduras e polo “veo” do muiño que foi preciso arranxar. Pagáronse tamén “soldadas” a un criado (Pedro Díaz), os 48 reais pagados a un ciruxán, e as débedas por anos atrasados a outro dos traballadores (Gregorio Martínez que percibiu 269 reais). As débedas eran normais nesta última etapa da vida do Convento, así por exemplo, no mes de xullo pagáranlle 198 reais ó cura de Anca que no ano 1923 lles emprestara doce ferrados de trigo.

Coa festividade da Inmaculada realizábase un sermón especial, e acudían incluso predicadores doutros conventos.

O ano de 1824 remataba coas festas da Natividade en que o menú se facía un pouco máis especial gastando 30 reais en postres. O Convento remata este ano en vacante de Prior, situación na que permanecerá ata o 30 de Abril de 1825.

Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño

martes, 24 de marzo de 2009

La PALABRA te CONVIERTE



“¿Quieres recobrar la salud?” Le respondió el enfermo:
“Señor, no tengo a nadie que me meta en la piscina cuando se agita el agua;
y mientras yo voy, otro baja antes que yo”
Jesús le dice: “Levántate, toma tu camilla y anda”

del Evangelio del día (Jn 5, 1-16)

martes, 17 de marzo de 2009

A festa de San Sadurniño de 1690


Imos a explicar diversas circunstancias que fan de San Sadurniño un lugar extrano á par que singular, no referente ás celebracións adicadas ós seus patróns.

A Igrexa chámase de Santa María a Maior, porque así foi o desexo de Fernán de Andrade que a reedificou no 1508 encargándolla a cinco capeláns. Así a seguiron chamando os franciscanos, ata que a partires, aproximadamente, de 1570, os dominicos comezaron a rexentala e a chamarlle a María baixo a advocación da Virxe do Rosario, e a denominar co Convento de San Sadurniño coma o do Rosario.

A parroquia está presidida pola imaxe da Virxe do Rosario, que durante anos saíu en procesión nas festas de Santa Isabel (celebradas pola data do calendario cristián antigo) confundida coma unha Santa Isabel, imaxe da que carece a parroquia, o mesmo que a imaxe do propio San Sadurniño, da que apenas queda memoria.

Di o proverbio latino que non hai nada baixo o sol. E o caso é que esto mesmo acontecía con San Sadurniño no ano de 1690. O seguinte documento, que se conserva no Arquivo do Reino de Galicia, déixanolo ben claro:

Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño


Fiesta de S. Saturnino

En esta feligresía no se ausado acerfiesta a S Saturnino por q como no ay () cesado solemnemente de la fiesta mas este año de 1690 se comenzó a celebrar, y se continue porque mas justo que basta ser la vocación de la feligresía de un memorial tiempo a esta parte = y q cae este sancto obispo y martir a 29 de nobiembre vigilia de S. Andrés La fiesta un domingo antes sea de abisar a los feligreses que cae aquel día, y que acudan a la missa maior – la qual se dirá de S. Saturnino con toda solemnidad, gloria, órgano, y credo; y se ara memoria de la vigilia de S. andres con las mas que hubiere, y se repicarán las campanas de parte de la noche antes a la mañana, y ala missa maior, y en fiesta se celebre de nra parte la fiesta como de patrón. A lo espiritual y divino

viernes, 13 de marzo de 2009

viernes, 6 de marzo de 2009

O Marqués de San Sadurniño




Enterro do Marqués chegando a Baltar onde repousan os seus restos


Enterro do Marqués saíndo da capela do Palacio de San Sadurniño






Escudo Familiar


Sempre dicimos que detrais dun grande home hai unha grande muller, pero hoxe imos a adicarnos a atopar un grande home detrais dunha Marquesa de San Sadurniño. Un home que na memoria de San Sadurniño pasou desapercibido. Poida que por falecer o 25 de Xullo do ano 1922 ós 66 anos de idade, demasiado pronto no tempo para que a memoria das nosas xentes o lembrase. Aquel home que casou ós 30 anos de idade o 11 de Xullo de 1886 con aquela Marquesa de 23 anos. Coidou del dende a súa enfermidade que comezou no ano 1918 coma ela mesma contou no seu diario: “El año 1918 enfermó Asís!! y ya hasta su muerte que fue el año 1922 fueron cuatro años de sufrir y amar a Dios!”. No 1919 a enfermidade de Asís empeora e ela nos conta que: “Asís estaba enfermísimo, le daban ataques epilépticos y ese día 30 de Mayo S. Fernando, de inolvidable memoria! estaba mi enfermo peor que nunca, amagándole el ataque que tuvo por la noche”. Do final do seu marido dinos: “el 25 de Julio día de Santiago se murió Asís! y desde ese día, un día largo... que he querido desde el momento que el Señor se lo llevó!... de separame totalmente del Mundo, dejar Palacio, y dedicarme a vivir todo para Dios!”.



Ademais de embaixador no Vaticano, Asís foi Senador, nomeado o 10 de Maio de 1903, pola provincia de Segovia, como figuran nas actas de nombramento do Arquivo Histórico do Senado. Ostentou este cargo de Senador pola Provincia de Segovia nas lexislaturas 1903-1904 e 1907-1908.

O Marqués pertencía á familia dos Condes de Puñonrostro, unha familia nobre, que recibira este título, no 1523 cando Juan Arias Dávila, capitán leal ó rei Carlos I de España, participara no seu enfrentamento contra os Comuneros de Castela.

Controlaron terras do sur da Comunidade de Madrid, que comprendían o chamado "Condado de Puñonrostro". Deles dixo na súa obra La ilustre fregona don Miguel de Cervantes Saavedra: “Sábete, amigo, que tiene un Bercebú en el cuerpo este conde de Puñonrostro, que nos mete los dedos de su puño en el alma. Barrida está Sevilla y diez leguas a la redonda de jácaros; no para ladrón en sus contornos. Todos le temen como al fuego, aunque ya se suena que dejará presto el cargo de Asistente, porque no tiene condición para verse a cada paso en dimes ni diretes con los señores de la Audiencia”

A Xenealoxía de Condes que coñecemos é o que segue:

Don Juan (1523-?)
Diego Arias Gonzalo Dávila ?-1554
Pedro Arias, o Pedrarias Gonzalo Dávila (1554-1574) casado con Ana Manrique e Piñeiro. Disputou en condado co seu curmán Juan Arias Dávila y Portocarrero.
Francisco Arias de Bobadilla, 1574-1610. Irmán do anterior, casado con Hipólita Leyva
Arias Gonzalo Dávila y Eril 1610-? . Casado con Hipólita de Leiva y Cardona
Arias Dávila y Acuña. ?-?. Casado con Catalina de Acuña
Gonzalo Joseph Arias-Dávila Coloma ?-Arredor do 1720
Francisco Diego Lucas Arias-Dávila Croy. Arredor do 1720-1751
Francisco Javier Arias-Dávila Centurión 1751-1802
Juan José Mateu y Arias Dávila. 1802-1836. Firmante da Constitución de Cádiz en representación do Novo Reino de Granada.
FRANCISCO ANTAS (Arias) DAVILA
Ricardo Arias Dávila y Matheu Bernaldo de Quirós 1898
Enriqueta Arias-Dávila-Manzanos y Danvila . Arredor do 1990
Manuel Arias-Dávila Balmaseda. 2006

O gran documento que se conserva no seu expediente do Senado é unha copia da súa partida de Bautismo que paso a transcribir a continuación:

D. Francisco Gonzalbo y Sanz, Pbro Licenciado en Sagrada Teología, Capellán de Honor de número y Predicador de S. M. Penitenciario de la Real Capilla. Caballero de la Real Orden de Carlos III. Ministro Canciller de la Insigne Orden del Coisón de Oro, Camarero Secreto de Su Santidad y Cura del Real Palacio.

Certifico: Que en uno de los Libros Sacramentales que están a mi cargo, y en el de Bautismos, en que los Reyes MM. SS., son Padrinos por si mismos, al folio cuarenta y siete y siguientes, se halla una Partida que copiadas á la letra es como sigue = Bautismo solemne del Sr. D. Francisco de Asís, Isabel, Luciano, San Felipe, Antonio, hijo legítimo y de legítimo Matrimonio de los Exmos Sres Condes de Puñonrostro: En el Real Palacio de la Imperial y coronada Villa de Madrid, Corte de los Católicos Reyes de las Españas y en la Real Cámara de S.M. la Reina Ntra Sra donde se había colocado la Pila bautismal, hoy once de Noviembre de mil ochocientos cincuenta y cinco, á las cuatro y media de la tarde. Yo D. José Vallés, Pbro Doctor en Sagrados Cánones, Capellán de Honor de S.M. Chantre de la Santa Yglesia Catedral de Lérida, Comendador de número de la Real y distinguida Orden Española de Carlos III. Administrador del Real Hospital de Corte de Nra Sra del Buen Suceso, Vicegerente del Excmo é Ilmo Sr. Patriarca de las Yndias, y autorizado para ejercer su jurisdicción, durante su ausencia de la Corte, revestido de Capa pluvial, Bauticé solemnemente con las ceremonias, exorcismos, y oraciones de la Yglesia, según el Ritual Romano y puse el Oleo santo de los catecúmenos y Sagrado Crisma a un Niño que nació el día ocho del corriente Noviembre á las seis y cincuenta minutos de la mañana, en la Casa que ocupan en esta Corte, sus Excmos Padres; hijo legítimo, y de legítimo Matrimonio del Exmo Sor. D. Francisco Javier Antas Dávila y Matheu, Conde de Puñonrrostro, Marqués de Maenza, y de Casasola, Grande de España de primera Clase, Caballerizo Mayor de S. M. la Reina, Gentil Hombre de Cámara de S. M. Brigadier de Caballería, Caballero, Gran Cruz de la Real y distinguida Orden Española de Carlos III, y de la Constantiniana de Nápoles, Caballero de las Ordenes Militares de San Fernando de Primera y Segunda clase, y de San Hermenegildo: 130 Profeso de la de Calatrava; Comendador de la de Cristo de Roma, y de la Legión de Honor de Francia, condecorado con otras varias causas de distinción por acciones de guerra && natural de la Ciudad de Cadiz; y de la Excma Sra. Dña Águeda Beraldo de Quirós y Colón de Lancastegui, Condesa de Puñonrrostro y Marquesa de Maenza y de Casasolas, Grande de España de primera clase. Dama de S. M. la Reina, condecorada con las bandas de María Luisa y la Roja creada por Doña Ysabel 2ª, natural de esta Corte: Nieto por Línea paterna del Excmo Sr. D. Juan José Mateo Antas Dávila y Matheu Conde de Puñonrrostro, Marqués de Maenza, Grande de España de primera clase: Caballero Gran Cruz de la Real y distinguida Orden Española de Carlos III y de la Militar de San Hermenegildo, Comendador del Tesoro de la de Calatrava, de la de San Fernando, condecorado con otras varias cruces de distinción por acciones de guerra Gentil. Hombre de Cámara de S. M. Mariscal de Campo de los Ejércitos Nacionales y Senador del Reino && natural de la Ciudad de San Francisco de Quito, República del Ecuador de América, y de la Excma Sra Dª María, Felipa, Cayetana, Casantolet, y Santaños, Condesa y Marquesa de los mismos títulos: Grande de España de primera Clase. Dama de S. M. la Reina y de la Orden de Damas Nobles de María Luisa, condecorada con la banda creada por S. M. la Reina Dª Ysabel 2ª && natural de Barcelona: Nieto por linea materna del Excmo Sr. D. Antonio María Bernaldo de Quirós y Rodríguez de los Ríos, Sancho, Laso de la Vega, Marqués de Monrreal de Santiago y de la Cunada Conde de Zueweghen, Grande de España de primera clase, Caballero de la Orden Militar de Montesa && natural de esta Corte: y de la Excma Sra Dª Hipólita Colón de Toledo y Cancategui Ramirez de Baquedan y Quiñones, Marquesa y Condesa de los mismos títulos && natural de esta Corte y le puse los nombres de Francisco de Asís, Ysabel, Severiano, Juan, Felipe, Antonio, Hipólito: Fueron Padrinos SS. MM. La Reina y el Rey NN. SS. Fueron nombrado por S. M. para servir la sal bendita, algodones y tohalla los Excmos Sres Gentiles Hombres de S. M. Duque de Abrantes Marqués de Castelar, Marqués de Bendaña. Asistieron a tan solemne acto la Excma Sra Duquesa viuda de Verbik y de Alba, Camarera Mayor de Palacio. El Excmo Sr. Duque de Bailén, Mayordomo Mayor de la Reina Ntra Sra El Excmo Sr. Conde de Puñonrrostro, Catallerizo Mayor jubilado, Padre del recién nacido, y las Damas de S. M. las Excmas Sras Marquesas de Alcañices, Condesa Viuda de Córres. Marquesa de la Vega de Armijo, de guardia en este dia, Duquesa de la Victoria, Marquesa de Valparaiso, Condesa de Paredes de la Navas, Duquesa de Bailén y Duquesa de Sedan. Concurrieron bajo la disención del Sr. D. Antonio Aguado, Maestro de Ceremonias y Capellán de Honor los Capellanes de Honor D. José Pulido y Espinosa, D. Marcelino de la Serna, Dn Genaro Sanz y Dn Vicente Valls, Y para que conste, lo firmo en Madrid á catorce de Noviembre de mil ochocientos cincuenta y cinco – José Vallés, hay una rúbrica =

Cuya Partida, fiel y legalmente extraida, concuerda con su original que obra en este Archivo y al que en todo caso me refiero. Y para que conste, doy la presente que firmo y sello con el de esta Real Parroquia en Madrid á veinte y nueve de Octubre de mil ochocientos noventa y siete.

Licdo Francisco Gonzalbo Cura


O Arquivo do Concello de San Sadurniño, facilitounos a Sesión do Concello na que se fai mención do pésame á Marquesa polo falecemento do Marqués (documento que reproducimos no empece deste artigo). Nel dícese:

Libro de Sesiones del Ayuntamiento de San Sadurniño, año 1922.

Sesión Ordinaria del día 30 de Julio de 1922

D. José Fernandez, Alcalde Presidente
D. Manuel Dopico
D. Francisco García
D. Manuel Couce
D. José Piñón
D. Manuel Couce
D. José Pérez

En la Casa Consistorial de San Saturnino, a treinta de Julio de mil novecientos veintidós. Bajo la presidencia del Sr. Alcalde, D. José Fernández Pita, se constituyó el Ayuntamiento en sesión pública ordinaria, con asistencia de los señores Concejales que al margen se expresan. Declarada abierta la sesión, se leyó y fue aprobada el acta de la anterior.

Testimonio de pésame

Habiendo fallecido en el día veinticinco del actual el Excmo. Sr. D. Francisco de Asís Arias Dávila, Duque consorte de la Conquista, Marqués consorte de San Saturnino, Conde de Cumbres Altas, Grande de España de 1ª clase, y otros títulos, y Senador vitalicio del Reino, y teniendo en consideración que tan ilustre procer es acreedor al imperecedero recuerdo de los habitantes de este término y de la comarca, por sus relevantes méritos personales y por el eficaz apoyo que siempre ha dispensado a todo lo que representaba progreso para este pueblo, esta Corporación acordó, por unanimidad, hacer constar en acta su sentimiento por la pérdida del referido Sr. Duque, y testimoniar el más sentido pésame a su ilustre viuda la Excma Sra. Duquesa de la Conquista, por el inmenso dolor que la aflige.

(temas de reclutamientos)

(temas de recaudación)

Firman

Artigo de Xabier Martínez, 15 de Marzo de 2009. Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño.

jueves, 5 de marzo de 2009

miércoles, 4 de marzo de 2009

Historia de San Sadurniño - Os selos da nosa historia







Con motivo do V Centenario que seguimos a celebrar do Convento do Rosario de San Sadurniño, imos comezar hoxe un apartado especial adicado á historia local. Nesta ocasión achegámonos a un anaco gráfico da historia do Concello de San Sadurniño.

O 26 de Novembro de 1876 a Alcaldía de San Sadurniño tramitaba ó Sr Gobernador da Provincia da Coruña unha copia estampada dos selos legais que se viñan utilizando con anterioridade, para que quedara constancia histórica dos mesmos. Estos son os selos máis antigos que se utilizaron do Concello, da Alcaldía e da Escola.

No escrito tramitado que acompañou ós selos recollíase o seguinte:

(al margen: se acompaña copia de los sellos que se usan en el municipio)

En cumplimiento á lo que me ordena por la atenta comunicación de V.S. fecha 19 de Septiembre último numero 340; tengo el honor de elevar á las superiores manos de V.S., copia exacta de los sellos que se usan en este municipio, acompañando á la misma breve noticia del tiempo que tienen de uso.

Al propio tiempo tengo también el gusto, de participar á V. S. que antes del año de 1860 se venía usando en este municipio otra estampilla más pequeña que las que existe en la actualidad que contenía las rotulista que decía “Ayuntamiento Constitucional de San Saturnino” de la cual no aparece noticia alguna de su paradero, ni mucho menos la causa por que se haya dejado de usar.

Que á V. S. M. S. San Saturnino Noviembre 26 de 1876.

Vicente González


Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño.