sábado, 9 de febrero de 2008

A Parroquia de San Sadurniño celebrará os 500 anos da reedificación da súa Igrexa e os 300 da construción da capela de Belén neste 2008



Unha bula papal de 1508 informa da ruina da antiga Igrexa de San Sadurniño (adicada a Santa Baia) e concede autorización a Fernando de Andrade e á súa muller Inés de Castro para a edificación da nova baixo a advocación de Santa María. Tal fundación instituise coma colexiata, con cinco capeláns designados por D. Fernando, redactándose as constitucións en 1546.

Ó longo deste ano a parroquia organizará diversas actividades relixiosas e culturais en relación con este evento e aproveitará a ocasión para celebrar o 300 aniversario da construción da Capela de Belén, aprobada o 11 de Xullo de 1707.




No hay comentarios: