martes, 14 de abril de 2009

O Tinglado da Entrada do Convento


En outono e novembro de 1825 estábase a construir a portería, polo que se fixeron con pedra traida da canteira do marqués, e pagáronse 75 reais de 50 tablas de álamo. O “tinglado” da portería que se estaba a construir compoñíase de dúas columnas de pedra (76 reais incluida a conducción). Para esta obra carretáronse doce carros de pedra desde a feira do Marqués. Para a obra pagáronse 128 reais para 32 xornais ó canteiro (26 xornais do traballo do tinglado, e os restantes para o recebo). Para o carpinteiro do tinglado da portería empregáronse 221 reais por 34 xornais.

Hai poucos días publicaba este dato da construcción deste "tinglado". Hoxe quero agradecerlle a "Vitucho" terme facilitado unha fotografía que demostra a súa existencia, e que forma parte do conxunto fotográfico que utilizaremos na publicación do futuro libro que narrará a historia do Convento do Rosario de San Sadurniño. Ata o momento estamos a presentar algúns datos por medio deste blog, recollidos nos últimos libros da comunidade de frades dominicos de San Sadurniño. Estamos a traballar en distintos arquivos nacionais para reconstruir unha historia perdida. A tódolos que estades facilitándolle esta tarefa a este investigador. Graciñas.

No hay comentarios: