martes, 14 de abril de 2009

Historia do Convento do Rosario (VIII)



1831

Varias casas traballaban para o convento, levando ganados e terras, e os frades tiñan que manter en condicións as dependecias onde traballaban ou vivían. En Abril de 1831 gástanse 431,16 reais pola composición da Casa de Castrillon de la Rubiña e pola “hechura del horno” desta casa. Así tamén gástanse 144 reais da composición da Casa de Antonio “do Pico”.

A comunidade envía á Cámara Generalicia 365 reais, e paga 236 reais en concepto de impostos de subsidio e Provincia.

En xuño deixa o oficio de Prior “el M.R.P. Fr. Fructuoso Castaño”, págaselle 600 reais de vestuario e envíase de viaxe á súa casa (69 reais) en xullo de 1831.

O superior da casa viaxa a Pontevedra (26 reais) en xuño, e nese mes encuadérnase a “capítula” para o coro (24 reais)(Pasaxe da Sagrada Escritura que se reza en tódalas horas do oficio divino despois dos salmos y das antífonas, excepto en maitines), e páganse xornais pola corta de leña na fraga do Marqués.

A Igrexa de San Lorenzo de Doso precisaba de obras nestas datas e o Convento colabora en xullo con 120 reais “que dimos para la composición dela yglesia de Doso”.

As obras continúan en setembro, siguese a extraer pedra da canteira, e gástanse 40 reais en 4 libras de pólvora, e en outono paganse 22 reais de cinco xornais de arrnque de pedra. En setembro volta como prior Fr. Fructuoso Castaño:

“En principios de Octubre de 1831 tomando posesión del priorato de este Convento el M.R.P. Pre(do) Fr. Fructuoso Castaño…” E firman Fr. Fructuoso Castaño coma Prior, Fr. Benito Rodríguez coma Superior, Fr. Thomas Sieyra e Fr. Bartolome Rodríguez coma “depº”.

Chega o mes do nadal e pagase o vestuario dos padres (3446 reais), e o Prior viaxa a Mondoñedo a visitar ó Bispo (106 reais).

Xabier Martínez, Baleirado documental para unha historia de San Sadurniño

No hay comentarios: