Con motivo da celebración do Ano de San Pablo, estou a publicar nove números sobre o apóstol que sirvan para introducirnos un pouco á súa persoa e á súa obra. No día de hoxe acaba de sair o primeiro, que aquí recollemos. (Xabier Martínez)
O 28 de Xuño de 2007, durante as Vísperas na Basílica de San Paulo Extramuros de Roma, o Papa proclamou un ano especialmente adicado a Paulo de Tarso con ocasión dos dous mil anos do nacemento do “Apostol das Xentes”. Ó convocar ese ano Benedicto XVI era plenamente consciente de que descoñecemos a data concreta do nacemento de Paulo, que os especialistas a ubican no segundo lustro do cómputo cristián, pero o Papa comprende que é unha figura o suficientemente especial na historia das orixes do cristianismo como para non esquecerse de conmemorar.
Caracterizando a colosal cultura do noso Papa, a súa homilía facíase eco das grandezas espirituais dun home “de barro”coma foi Saulo. Feo, baixiño, e coma tódolos profetas non precisamente bo orador..., cheo limitacións humanas; pero a súa debilidade, venceuse coa gracia de Deus que non foi outra máis que a fortaleza dunha experiencia contaxiosa do Resucitado, aquela experiencia que portaba na súa palabra, no seu testemuño, que rexurdía por tódolos recunchos da súa vida. Razón máis que suficiente para facer que aínda que non fose dos Doce, se denominase “Apóstol”.
Boa parte do Novo Testamento é “Paulo”. Por este motivo os cristiáns levamos case 2000 anos recibindo a Cristo a través del, ollando a Cristo polas lentes deste Apóstol. Este ano no que a Igrexa nos convida a ler as súas cartas é unha oportunidade única para achegarnos á vida e obra dun cristián do que os autores actuáis están a dicir que “foi máis venerado que comprendido”. Unha frase que é ben certa porque máis aló do santo agóchase o prexuizo de moitos cristiáns por unha figura que erradamente ás veces foi tildada de misóxina, engreída, malhumorada...; unha figura incomprendida porque tantas veces lle proxectamos teoloxías e acontecementos posteriores da historia da Igrexa ós que foi alleo.
Temos unha débeda con Paulo, que como iremos vendo, legounos na Igrexa tanto patrimonio pastoral. O reto de interpretar a súa obra pasa por comprender ben as súas raíces helenísticas, xudías e romanas que fixeron del unha ponte universal entre culturas. Un primeiro paso é ler a súa obra na orde na que foi escrita para chegar a controlar o proceso no que foi medrando a súa teoloxía e pensamento. Outro pasiño poidera ser achegarnos ás características e problemáticas de cada unha das comunidades ás que se dirixiu, atopando a un tempo cómo foi dando resposta a esas problemáticas. Compre diferenciar a que foi obra del, da obra que co seu espírito continuaron a escribir os seus discípulos.
Home de contrastes, aquel que pasou de perseguidor a perseguido, de xudío fariseo a convencido e convincente cristián. O encontro co Señor tambaleou os pilares de todo o seu sistema de vida e pensamento. A lei na que fundamentara todo desde as súas raíces fariseas tornara inservible ante o Evanxeo. A urxencia da mensaxe da salvación levouno a non perder o tempo, a percorrer o Mediterráneo sen deterse máis do que cumpría para sementar o que outros recollerían logo.
Un ano para peregrinar con este mestre dos camiños e para revivir coa súa conversión a forza do Evanxeo. Paga a pena realizar ese camiño persoal e comunitariamente nas nosas parroquias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario