lunes, 26 de enero de 2009

Primeiros Pasos


Desde as dez da mañá de hoxe dous operarios e unha grua están a recompoñer o lousado do Convento do Rosario de San Sadurniño para evitar danos maiores que poda provocar a auga nestes días. Ainda que o tellado presenta un forte mal estado, esta medida servirá para paliar danos e seguir protexendo a obra de reparación da casa parroquial que se realizou a mediados da década dos noventa.

Desde as seis da tarde de hoxe San Sadurniño voltou a ter luz ainda que no Convento permanecerán preventivamente os automáticos baixados para evitar a posibilidade de cortocircuitos por mor da auga.

Ademáis dos Arquitectos da diocese, que estiveran anteriormente no edificio, hoxe a Arquitecta do Concello fotografiou e recorreu tódalas dependencias para realizar un informe dos danos.

Rematadas estas primeiras obras o aparato do reloxo das horas voltará a instalarse na súa ubicación para que siga marcando o tempo da vila. Non sufríu ningún desperfecto, simplemente foi retirado a bo cuidado porque estaba ubicado nun lugar seriamente ameazado polo choiva.

1 comentario:

filomela dijo...

Desde Atenas estaba preocupada por lo que ahí sucedía.La televísión y la prensa no contribuían a tranquilizarme. Deseo de corazón que todos estén bien.
Sólo hablamos una vez por teléfono y sigo su blog asiduamente.
Mª Carmen Ponce