domingo, 25 de enero de 2009

Un furacán. No cadro da Medusa existe un horizonte á esperanza


O estado no que se atopa o Convento do Rosario despois da tremenda noite do pasado Venres, obrígame a informarvos a todos de que a miña residencia trasladouse momentáneamente á Casa do Bispado en Ferrol. Na mañá do Domingo o arquitecto da diocese inspecionou a situación en San Sadurniño para informar na comisión de obras diocesana. Ó longo desta semana algúns técnicos estudiarán cómo intervir para paliar na medida do posible o deterioro que poidan ocasionar as condicións nas que quedou o tellado polos danos do temporal(o luns ás 8.30 da mañá comezarán a evaluar). Esta situación resulta doorosa e difícil para todos pero agardamos que todo se poda ir resolvendo. Para contactar conmigo para calquera xestión parroquial seguirei no meu teléfono propio e procurarei, na medida do que me sexa posible, estar localizable polas mañáns na sacristía da propia Igrexa de San Sadurniño. Pedindo todo o voso apoio moral e colaboración nestes difíciles momentos, saúdavos o voso párroco.

Xabier Martínez, con todo o meu cariño.

No hay comentarios: