ATA SEMPRE, MIGUEL
( crego da Parroquia San Cristovo das Viñas, A Coruña )

Non facía falta moito tempo para darse conta da súa maneira de ser, da súa entrega sen límites, do seu darse aos demais.Sempre sorrindo, sempre acollendo, inquedo, nervioso, alegre, pero preocupado pola súa parroquia, polos seus grupos, polos máis necesitados, polos menos favorecidos.
Non era persoa de alardear do que facía, pero non podemos deixar de expresar aquí esa maneira súa de "dar", de "axudar" de xeito que parecía que eran os demais os que o axudaban a el. Nunca satisfeito co conseguido, buscando sempre facelo mellor.
Hoxe, envoltos na tristura, na dor, nas tebras pola súa morte, temos que atopar a luz que Miguel acendeu para pasar a ver que detrás de todo está a esperanza, a VIDA.
Somos moi afortunados por telo coñecido e compartido este tempo con el. Miguel deunos tanto, deuse tanto, que se deu el mesmo cando xa sentía que non podía dar máis. Agora, aínda que nos falta a súa presenza física, temos a súa forza, que xa non se esgotará, forza que só temos que querer aceptar.
Querémolo e sabemos que nos quere e berramos con esperanza: Miguel VIVE, no Pai/Nai e en todos nós, agora e sempre.
ver en:
sancristovodasvinas.blogspot.com ( Parroquia da cidade da Coruña )
ver en:

No hay comentarios:
Publicar un comentario