miércoles, 7 de mayo de 2008

Pedroso celebra a Virxe da O



Os Monxes Regulares de Santo Agostiño sembraron a xeografía do entorno de Ferrol con advocacións adicadas á Virxe María. Unha das máis antigas de todas elas na tradición é a Virxe da O, da que xa existe constancia hai 700 anos. Ainda que a súa festa é propiamente no Advento, con motivo do mes de Maio (mes de María), é tradición celebrar esta festa importante para Pedroso.

As celebracións comezan hoxe Mércores habendo Misa ás oito da tarde, o mesmo ca o xoves e o venres. O sábado e Domingo haberá Eucaristías ó longo de toda a mañá para acoller ós romeiros, o mesmo ca na xornada do domingo.

A festa celébrase nunha grande carpa que estará ó lado da Capela e na que se realizarán as Eucaristías de maior afluencia para facilitar a asistencia e crear un mellor clima.

O entorno no que está ubicada a Capela é un espacio natural preservado de flora e fauna, conformado por unha zona pantanosa.

No hay comentarios: