sábado, 21 de julio de 2012

POLOS NOSOS CURAS

Que os nosos curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
sexan para nós guías bos
e non mentores aproveitados.

Que os noso curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
sexan ben semellantes a ti
no teu amor apaixonado pola xente,
para que todos poidamos escotar
con gusto e proveito a súa voz.

Que nos coñezan e nos amen,
un a un e todos xuntos.
Que coñezan as nosas penas e alegrías,
que se solidaricen coas nosas vidas pequenas.

Que os nosos curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
teñan ansia do noso adianto e proveito;
que vaian por diante de nós
polos camiños do ben e da xustiza
para que todos poidamos seguilos con gusto.

Que os nosos curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
nunca estean no medio de nós
para aproveitarse e estragar na xente,
senón para que a xente teña vida de abondo.

Que o bo rabaño, san e forte,
sexa o premio do bo pastor.

Que a boa comunidade, xusta e irmandada,
sexa o premio do bo cura, do bo animador.


Publicado: Xa nos tes aqui - Fotos: Miguel Castaño

No hay comentarios: