Este blog, se
tomará un pequeño descanso durante agosto. Por tanto, su actualización será
mínima hasta finales de ese mes. Queremos desear unas felices vacaciones
a los que las puedan tomar y un agradable verano a todos.
martes, 31 de julio de 2012
domingo, 29 de julio de 2012
17º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO
B
Primeira Lectura 2 Re 4, 42-44
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DOS REIS
Comerán e sobrará
Daquela chegou de Baal-Xalixah un home, que lle traía
ao home de Deus o pan das primicias: vinte pans de cebada e trigo novo na
alforxa.
Eliseo díxolle:
"Dállos á xente, e que coman".
O
seu servidor preguntoulle:
"Que é isto para cen persoas?".
A
iso Eliseo respondeu:
"Dállos á xente, e que coman, pois isto di o Señor:
comerán e sobrará".
El serviullos á xente, que comeu; e aínda sobrou,
conforme a palabra do Señor.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18
R/. (cf. 16): Abres ti, Señor, a túa man
e dásnos fartura.
Que te loen, Señor, as túas obras,
e
te bendigan os teus amigos.
Que pregoen a gloria do teu reino,
e
falen do teu poder.
Os ollos de todos están postos en ti,
e
dáslles o sustento ao seu tempo.
Abres ti a túa man,
e
dáslle fartura a todo ser vivo.
O
Señor é xusto en todos os seus camiños,
e
santo en todas as súas obras.
O
Señor está cerca dos que o chaman,
dos que o chaman con sinceridade.
Segunda Lectura Ef 4, 1-6
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
EFESIOS
Un
corpo, un Señor, unha fe, un bautismo
Irmáns:
Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a
dignidade da vocación que recibistes, con total humildade, mansedume e
paciencia, aturándovos uns a outros con amor, esforzándovos por manter a unidade
do espírito no vínculo da paz.
Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que
se vos chamou a unha única esperanza na vosa vocación.
Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, e un só
Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Lc
7, 16
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Un gran profeta apareceu entre nós,
e
Deus visitou o seu pobo.
Aleluia.
Evanxeo Xn 6, 1-15
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Repartiu entre os sentados canto quixeron
Naquel tempo, foi Xesús á
outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades). Seguíao unha chea de xente,
porque viran os sinais que facía nos enfermos. Subiu Xesús ao monte e sentou alí
cos seus discípulos.
Estaba a chegar a Pascua,
a festa dos xudeus. Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el,
díxolle a Filipe:
Onde imos mercar pan, para
que coma esta xente? (isto dicíao para tentealo, que el ben sabía xa o que ía
facer).
Respondeulle
Filipe:
Nin medio ano de xornal
chega para que cada un deles reciba un codelo.
Un dos seus discípulos,
Andrés, o irmán de Simón Pedro, díxolle:
Hai aquí un rapaz que ten
cinco bolos de pan de cebada e dous peixes; pero, que é iso para
tantos?
Xesús
ordenou:
Facede sentar a
xente.
Había moita herba naquel
sitio. E sentaron como uns cinco mil homes. Entón colleu Xesús os pans e, dando
grazas, repartiu aos sentados canto quixeron; fixo o mesmo cos peixes. Cando se
fartaron, díxolles aos seus discípulos:
Recollede os anacos
sobrantes, para que non se estrague nada.
Entón xuntáronos e
encheron doce cestas cos anacos dos cinco bolos de pan de cebada, que lles
sobraran aos que comeron. ao veren aqueles homes o sinal que fixera, dicían:
"Este si que é o profeta que había de vir ao mundo".
Entón Xesús, decatándose
de que o ían vir coller para proclamar o rei, retirouse outra vez ao monte el
só.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
CANDO DEUS SE CONVERTE EN SOLIDARIEDADE, O POUCO
SEMPRE É MOITO.
SEN EL, O MOITO QUEDA EN
NADA
TOMADO
DE: remoldapalabra.blogspot.com
PÓRTICO
A
medida que pasan os días as dificultades son cada vez maiores e a esperanza vai
esmorecendo. O que noutro tempo era de moitas cores, pasou logo a gris, para
irse convertendo, cada vez para máis persoas, na negrura máis absoluta. A
negrura de quen non ve saída e a quen todas as posibilidades se lle van
pechando; a negrura da decepción de quen se esforzou, buscou e non conseguiu
atopar un pequeno claro na súa vida.
En situacións
así, a fe, sen que teña solucións de tipo técnico, convértese en pequena
lumieira que vai mantendo a forza para non virse abaixo de xeito definitivo.
Unha fe que ve en Xesús a aquel que loitou contra toda desesperanza, que confiou
a pesar de que os seus o abandonaran renegando del. Como lle ocorreu a Xesús,
tamén a fe volve a ofrecérsenos como chama que mantén viva en nós a capacidade
de non deixarnos vencer polo abatemento e a desesperación, creando redes de
solidariedade, axuda, escoita e achega, facéndonos sentir comunidade que se
quere e preocupa polo que lles pasa aos seus membros. Que saibamos aproveitar o
pouco ou o moito para, desde nós, vivilo con quen o necesite.
O PERDÓN
-
Por non querer comprender que o pouco compartido convértese en moito solidario, SEÑOR, QUE NON RENUNCIEMOS Á ESPERANZA.
-
Por desperdiciar tempo e ocasións nas que poder ser samaritanos dos irmáns e das irmás, CRISTO, QUE NON RENUNCIEMOS Á ESPERANZA.
-
Porque nos xuntamos para as celebracións dominicais, pero ás veces estamos moi lonxe de formar comunidades cristiás, SEÑOR, QUE NON RENUNCIEMOS Á ESPERANZA.
REMUÍÑO
-
No noso mundo egoísta e autosuficiente, tanto ao servidor de Eliseo coma ao propio Filipe, poderíamos describilos coma persoas realistas, cos pés no chan: con tan pouco pan, non chega para tanta xente..... E claro, se funcionamos así a solución que se impón é contundente: se non hai para comezar, mellor non preocuparse!!!!. Esa é a nosa lóxica infantil e inmatura: se eu non son presidente de goberno nin teño ningunha responsabilidade política, social ou económica, que vou facer diante de temas coma a crise económica, a fame no mundo, o subdesenvolvemento, o deterioro do medio ambiente...... Botamos balóns fóra, rañamos os nosos petos cando hai unha colecta especial para os pobriños do terceiro mundo, mesmo derramamos algunha bágoa cando a televisión nos mostra a crúa realidade na que malviven...; pero, a outra cousa bolboreta!!!!: aos cinco segundos xa nos esquecemos e imos de novo ao noso.
-
Porén, a lóxica de Eliseo e a de Xesús é outra ben diferente: dá o que teñas, así haberá suficiente para todos e aínda sobrará...Por que nos custa tanto razoar así, por que se nos fai tan costa arriba? Non será porque nos contaminamos nesta sociedade materialista e egoísta na que estamos acostumados ao intercambio -dou para que me dean- e non temos en conta o valor da gratuidade? Esquecemos que mentres só deamos as sobras do que temos nunca conseguiremos que chegue para todos. Mentres non nos eduquemos na austeridade e no compartir, como moito chegaremos a tranquilizar enganosamente a nosa conciencia; pero seguirá a faltar o pan para moitas persoas. E o que dicimos das cousas materiais, tamén o podemos dicir das nosas calidades, pois moitas veces parapetámonos en expresións do tipo “eu son tan pouca cousa...”, “iso ten que facelo xente preparada, non coma min”... e outras lindezas parecidas para aforrarnos o perder a tranquilidade do noso ir facendo. E así privamos aos demais da nosa achega.
-
“Dádelles vós de comer”. O pobo está a pasar por unha tremenda crise económica, o paro multiplícase de día en día, a necesidade é angustiosa en moitas familias.... Non só experimentamos a fame dunha vida máis feliz, senón tamén, coma a multitude que acompañaba a Xesús, a fame e a indixencia material. En todo o que poida facerse para solucionar esta situación, os cristiáns e as cristiás temos que estar presentes, loitando contra das desigualdades e os egoísmos, contra das excesivas diferenzas de salarios, contra do emprego precario, contra da fuga de capitais, contra dos cartos negros.... É verdade que non temos a solución, pero debemos infundir no noso mundo un novo xeito que renove os sistemas económicos e faga posible o milagre da multiplicación dos bens mediante un reparto máis xusto.
-
Hoxe a Palabra pon diante de nós dúas opcións radicais e sinxelas: a dos que botan balóns fóra e a dos que saben compartir o que teñen e o que son. Cantas veces nos temos escudado en infantís non sei, non podo, non vallo, se de min dependera....... Pois claro que depende de nós!!!. De quen senón? O Señor chámanos a endereitar o noso rumbo. Nós buscamos que nos vexan, que nos aplaudan, que nos gaben... pero El insiste en que só desde a sinxeleza, a humildade, o respecto e a valoración dos demais (Paulo) seremos capaces de facer crible a súa mensaxe e seremos verdadeiras testemuñas no noso mundo. E así, cunha actitude realista e positiva, soñando utopías posibles, seremos quen de descubrir ao noso redor tantas milagres que nos pasan desapercibidas, entre elas a de SER: persoa, irmán, amigo, consolo, man, sorriso.... A que esperamos?
ORACIÓN DA
COMUNIDADE
Unámonos en oración a Deus, para
que El alente o noso camiño de fe desde o compartir con humildade canto somos e
temos e digamos xuntos:
QUE NON
ESTRAGUEMOS OS DONS QUE POS NAS NOSAS MANS
-
Moitas veces, Señor, esquecemos que somos Igrexa; unha Igrexa na que Ti nos invitas a camiñar e vivir na comuñón, o respecto e non na imposición, para que sempre o teñamos presente, OREMOS.
QUE NON
ESTRAGUEMOS OS DONS QUE POS NAS NOSAS MANS
-
Moitas veces, Señor, esquecemos que somos comunidade; unha comunidade formada cos que temos ao noso lado: os familiares, os veciños, os compañeiros de traballo, os amigos.... Para que volvamos sentir o gozo do compartir coma un dos valores fundamentais da nosa fe, OREMOS.
QUE NON
ESTRAGUEMOS OS DONS QUE POS NAS NOSAS MANS
-
Moitas veces, Señor, esquecemos que os camiños da vida teñen ida e volta, e non nos damos conta de que o hoxe lle está a pasar ao veciño, irmán, amigo... mañá pode pasarnos a nós. Para que non nos sintamos superiores a ninguén, senón sempre preocupados e achegados a quen poida necesitarnos, OREMOS.
QUE NON
ESTRAGUEMOS OS DONS QUE POS NAS NOSAS MANS
Que o
corazón ,Señor, saibamos abrilo para entender e acompañar o sufrimento, as
dificultades e tamén os gozos e esperanzas dos irmáns e das irmás. P.X.N.S.
Amén.
PARA A
REFLEXIÓN
Danos o pan de cada
día,
danos folgos para traballar a
terra
e sementar e recoller e repartir e
comer.
Danos o de cada día,
non o de mañá ou o de
pasadomañá,
para que non confiemos nas nosas
seguridades,
senón en Ti e na túa
providencia.
Arrinca de nós a
ambición,
para que non acaparemos o das
outras persoas,
para que non as despoxemos do
seu,
senón que saibamos respectar e
colaborar.
Líbranos do egoísmo.
Aparta de nós a
tentación
do crecemento indefinido.
Non nos deixes caer na soberbia nin
na autosuficiencia,
nin na indiferenza nin no
racismo.
Concédenos un corazón
novo
para poder chamarte cada día
Pai-Nai,
para chamar a todas as persoas
irmás,
para ser irmáns e irmás
repartindo,
compartindo,
sentados á mesma mesa neste
mundo,
para sentar contigo na mesa do teu
reino. Amén.
CANTOS
-
ENTRADA: Vinde axiña
-
LECTURAS: O amor é o meirande
-
OFERTORIO: Ti es o pan do ceo
-
COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida
sábado, 21 de julio de 2012
O Señor é o meu pastor, nada me falta. - Salmo 22
Domingo 16 de Ordinario - ciclo B
BO PASTOR, GRAZAS
Pastor bo, grazas
por deixamos sempre a túa porta aberta.
Grazas por invitamos sempre
a acoller e non a espantar,
a camiñar na túa presenza
e a non desesperarmos.
Dános fortaleza e discernimento
para seguir as túas pegadas
no camiño do Reino.
Dános mans solidarias
para construír camiños de vida nova.
Dános corazóns dispostos
que sexan portas abertas
para a mensaxe do Evanxeo.
Amén.
16º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO CICLO B
Primeira Lectura Xer 23, 1-6
LECTURA DO LIBRO DE XEREMÍAS
Congregarei o resto do meu rabaño e suscitarei pastores para eles
Ai dos pastores que
deixan que se perda o rabaño
e que o espantan do meu pasteiro! ‑ é o Señor quen fala ‑.
Por isto, así lles
fala o Señor, Deus de Israel,
ós pastores que apacentan o meu pobo:
‑ Vós espantades as
miñas ovellas,
escorrentádelas e non coidades delas;
ollade que eu vos pedirei contas da maldade dos vosos feitos
‑ é o Señor quen fala ‑.
Eu xuntarei o resto
das miñas ovellas,
traéndoos de todos os países a onde as esparexín,
e fareinas volver aos seus pasteiros,
onde criarán e se multiplicarán.
Para elas constituirei
pastores que as apacenten,
de xeito que xa non volvan ter medo, nin se espanten,
nin se perda ningunha ‑ é o Señor quen fala ‑.
Ollade que chegan os
días ‑ é o Señor quen fala ‑
en que farei abrollar de David un xermolo lexítimo,
será rei de verdade e comportarase con prudencia,
administrará o dereito e a xustiza no país.
Desde os seus días
Xudá vivirá a salvo,
e Israel vivirá en paz.
O título que se lle
dará será este: "O Señor é a nosa xustiza".
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 22,
1-3a. 3b-4. 5. 6
R/. (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.
O Señor é o meu pastor, nada me falta:
En pastos verdecentes faime repousar.
El lévame a beber en augas tranquilas
e repón as miñas forzas;
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
Se tiver de pasar por valgadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.
Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
O teu benquerer e a túa misericordia vanme seguindo
todos os días da miña vida.
Eu habitarei na casa do Señor
por días prolongados sen fin.
Segunda Lectura Ef 2, 13-18
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
El é a nosa paz, quen dos dous fixo un
Irmáns:
Os que antes estabades
lonxe, agora grazas a Cristo Xesús estades cerca, no sangue de Cristo. El é a
nosa paz: o que dos dous pobos fixo un só, derrubando a medianeira ‑ a
inimizade ‑, e abolindo na súa carne aquela Lei de mandamentos e normas, para
crear en si mesmo cos dous unha nova humanidade, facendo a paz; e reconciliando
con Deus ámbolos dous nun único corpo por medio da cruz, matando nel mesmo a
inimizade.
El veu e anunciou a
paz: paz para vós ‑ os de lonxe ‑, e paz para os que estaban cerca: porque por
el temos uns e outros acceso ao Pai, nun mesmo Espírito.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 10, 27
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;
eu coñézoas e elas séguenme.
Aleluia.
Evanxeo Mc 6, 30-34
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Eran coma ovellas sen pastor
Naquel tempo, os
apóstolos volveron reunirse con Xesús e contáronlle canto fixeran e ensinaran.
El díxolles:
"Vinde, vós sós, á parte, a un lugar arredado, e descansade un
pouco"; porque eran moitos os que ían e viñan, e nin para comer atopaban
tempo. Entón marcharon na barca, á parte, a un lugar arredado.
Pero víronos marchar e
déronse conta moitos, e desde todas as aldeas foron andando para alí, e
chegaron primeiro ca eles.
Cando desembarcou,
Xesús atopouse cunha gran multitude e sentiu compaixón por eles, porque eran
coma ovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles moitas cousas.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
NUN MUNDO DE LOBOS,
NECESITAMOS PASTORES QUE ACOLLAN, ESCOITEN E AGARIMEN, NON QUE ESCORRENTEN
TOMADO DE : remoldapalabra.blogspot.com
PÓRTICO
O
domingo é para nós os seguidores de Xesús o Día do Señor; o día no que nos
reunimos ao redor do altar para compartir a fe, alentarnos mutuamente, rezar
xuntos agradecendo a graza de ter ao noso carón persoas que coma nós, sen
sentirse nin superiores nin mellores que os demais, compartimos o mesmo reto de
ir facendo da nosa vida, de canto dicimos e facemos, experiencia de presenza e
imaxe de Deus. Non é logo a nosa unha reunión movida por un simple ritual que
se repite de xeito cansiño cada oito días. Tampouco é a reunión dun grupo que
se considera excluído, perseguido ou incomprendido, e desde o complexo de ser
vítima, convértese en gueto que escapa do mundo. Non, o noso encontro do
Domingo quere ser sempre experiencia compartida de fe, agradecemento
comunitario de solidariedade e presenza viva de Deus no medio dunha comunidade
que se reúne para celebrar e gozar de que o amor de Deus é esperanza, alegría e
participación. E para iso, hoxe máis ca nunca, necesitamos pastores alegres,
solidarios, achegados, creativos e capaces de ilusionar e ilusionarse servindo
á comunidade e á sociedade desde o seu ministerio.
O PERDÓN
ð Por
faltarnos moitas veces ilusión, e sobrarnos crítica, SEÑOR, QUE NOS REUNAMOS CON GOZO NO TEU NOME.
ð Por
deixarnos levar polo cómodo e fácil, facendo da nosa vida desilusión e aburrimento, CRISTO, QUE NOS REUNAMOS CON GOZO NO TEU NOME.
ð Por deixar
que as nosas actitudes e comportamentos se afasten do ideal ao que Ti nos
invitas e propós como sentido e camiño de vida, SEÑOR, QUE NOS REUNAMOS CON GOZO NO TEU NOME.
REMUÍÑO
Moito temos
falado e escoitado sobre os curas. Que se son deste xeito, que se son daquel
outro, que se non escoitan, que se non deixan participar, que non fan máis ca
propoñer cousas e non nos deixan tranquilos, que si berra e é malencarado, que
si é afable e dialogante ... Dun xeito ou doutro, sempre os curas acaban sendo
motivo de comentario, positivo ou negativo, en moitas ocasións. Cando falamos
deste xeito esquecemos algo fundamental que non deberiamos ter esquecido: os
curas serán o que nós, membros das comunidades, queremos que sexan. Si a nós o
único que nos preocupa é ter misas polos defuntos, funerais e novenas, o cura acabará
entrando nesa dinámica e facendo o que lle pidamos. Claro que, se despois nos
di que iso ten un prezo e que as cousas da fe tamén se pagan, entón pagaremos,
pero atoparemos aí a xustificación de volver a comezar coa cantarela de que son
deste ou daquel xeito; se porén, o que queremos son pastores que nos alenten,
nos animen, saiban estar preto nos momentos difíciles para acompañar,
alentarnos, animarnos... a maneira de vivir a fe será tamén distinta, xa que
non pasará polos cartos, senón polas actitudes das que nos fala a palabra de
Deus que imos proclamando nas celebracións e nas que hoxe nos ten insistido de
novo: pastores que apacenten non desde o medo, senón na confianza, a axuda, a
acollida, o agarimo, a alegría, a esperanza, o testemuño gozoso dunha fe e dun
ministerio que está para servir e non para vivir del. Pastores, nunha palabra,
xustos, que desde Xesús, gocen coas súas comunidades e se deixen acoller na
colaboración compartida e o traballo participativo, que se preocupa dos “gozos
e das esperanzas, das tristuras e das
angustias” das persoas ás que serven.
Non é logo
a misión dos pastores escorrentar, senón todo o contrario, achegar, escoitar,
ter actitudes de dispoñibilidade para cos demais, de xeito que o seu ministerio
sexa un esforzo constante por facer presenza de Cristo e do seu Evanxeo. E para
isto non poden estar solos: as comunidades nas que están e serven, han ser a
man colaboradora que camiñe xunto con eles para entre todos ir avanzando no
desenvolvemento de comunidades adultas, vivas, responsables e dispostas a
participar, para que a Igrexa non se converta nun ordeno e mando de quen as
preside. Porque presidir non é o mesmo que monopolizar e mandar impoñendo
criterios e voz, e non permitindo que afloren outras voces que enriquezan e
axuden a madurar a vida das comunidades e dos seus membros. A referencia deste
actuar non pode nunca ser outra, inda que, tamén debemos dicilo, non o ten sido
moitas das veces, que Xesús. El non só é o pastor, é tamén mestre, guieiro e
referencia do actuar e comprometerse xusto e pacífico. El é o que nos achega, o
que vai derrubando muros que tantas veces imos construíndo e que non fan máis
que separarnos e afastarnos uns dos outros. Porque nos achega, non é a súa unha
propostas de normas e imposicións, senón de entendemento, confianza e
responsabilidade. El créanos libres, e invítanos a crecer e madurar. Non nos
fai servos nin submisos, por iso, inda que nos equivoquemos vai dándonos
continuas oportunidades. E se El nolas da, por que a nós nos custa tanto
dárllelas aos demais?. Sería bo que desde esta palabra que hoxe temos
proclamado aquí, vaiamos facendo reflexión sobre o percorrido da nosa vida,
para ir deixando atrás canto non serve, e potenciando e valorando todo canto
nos ten axudado a ser mellores persoas. Esta é a nova humanidade que El nos viu
traer.
Xesús
vivíao todo desde a compaixón. Era o seu xeito de ser, a súa primeira reacción
diante das persoas. Nunca lle estorbaba ninguén. Non sabía mirar con
indiferenza, que é a peor das miradas. Non soportaba ver ás persoas sufrir, era
algo superior ás súas forzas. Pero a Xesús non o conmoven só as persoas
concretas que atopa no seu camiño (enfermos que o buscan, indesexables que se
lle achegan, nenos a quen ninguén abraza...), senón que tamén sente compaixón
pola multitude de xente que vive desorientada e non ten quen a guíe e alimente.
Un día teremos que revisar diante del como miramos e tratamos a esa multitude
de xente que marcha silenciosamente da igrexa; ás persoas sinxelas e boas que
estamos decepcionando porque non atopan en nós a compaixón de Xesús; crentes
que non saben a quen acudir nin que camiño seguir para atoparse cun Deus máis
humano; cristiáns e cristiás que calan porque están convencidos de que a súa
palabra non será tida en conta por ninguén “importante” na Igrexa.... Pero se
nós nos empeñamos, un día o rostro desta Igrexa mudará: aprenderá a actuar con
máis compaixón, esquecerase dos seus discursos e poñerase a escoitar o
sufrimento da xente. Xesús ten forza para transformar os nosos corazóns e para
renovar as nosas comunidades. Só fai falla que nolo creamos e volvamos a El.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
O altar é mesa de encontro e
comuñón.A mesma comuñón desde a que agora compartimos as nosas angueiras e
esperanzas dicindo:
PASTOR BO, ENSÍNANOS
A AGRADECER
Para que na
Igrexa atopemos sempre lugares e momentos nos que poder compartir espazos de
solidariedade e axuda cos excluídos e esquecidos da nosa sociedade, Oremos.
PASTOR BO,
ENSÍNANOS A AGRADECER
Para que
nas nosas parroquias saibamos acompañar e estar sempre atentos á situación das
persoas que viven na tristura, están enfermas ou necesitan da nosa
solidariedade. Oremos.
PASTOR BO,
ENSÍNANOS A AGRADECER
Para que
nós, no día a día da vida, non deixemos que xermolen actitudes de indiferenza,
superioridade ou exclusión cara quen non pensa, vive ou actúa coma nós, Oremos.
PASTOR BO,
ENSÍNANOS A AGRADECER
Baixo o teu amparo, Señor, poñemos
hoxe esta nosa oración que temos compartido. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Xesús está
na nosa vida. Non o atoparemos nas nubes. Seguilo significa vivir o que temos
como El quere que o vivamos. Isto esixe moito máis que coller aquí e alí un
punto do Evanxeo, porque eses anacos non terán forza transformadora se non
chegamos a un encontro que nos levante e nos endereite, sempre dispostos a
vivir, sempre, con El. Podemos dicir que temos atopado a Xesús cando lle
abramos a nosa vida sen reservar ningún recuncho. (Andrè Sève )
CANTOS
ENTRADA:
Todos xuntos
LECTURAS: O
señor é o meu pastor
OFERTORIO:
Eu sei de quen me fiei
COMUÑÓN:
Grazas, Señor, graciñas
POLOS NOSOS CURAS
Que os nosos curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
sexan para nós guías bos
e non mentores aproveitados.
e todos os que coidan da comunidade,
sexan para nós guías bos
e non mentores aproveitados.
Que os noso curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
sexan ben semellantes a ti
no teu amor apaixonado pola xente,
para que todos poidamos escotar
con gusto e proveito a súa voz.
Que nos coñezan e nos amen,
un a un e todos xuntos.
Que coñezan as nosas penas e alegrías,
que se solidaricen coas nosas vidas pequenas.
Que os nosos curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
teñan ansia do noso adianto e proveito;
que vaian por diante de nós
polos camiños do ben e da xustiza
para que todos poidamos seguilos con gusto.
Que os nosos curas, Señor,
e todos os que coidan da comunidade,
nunca estean no medio de nós
para aproveitarse e estragar na xente,
senón para que a xente teña vida de abondo.
Que o bo rabaño, san e forte,
sexa o premio do bo pastor.
Que a boa comunidade, xusta e irmandada,
sexa o premio do bo cura, do bo animador.
Publicado: Xa nos tes aqui - Fotos: Miguel Castaño
miércoles, 18 de julio de 2012
jueves, 12 de julio de 2012
Domingo 15 de Ordinario - ciclo B
XV DOMINGO DO TEMPO
ORDINARIO CICLO B
Primeira Lectura Am 7, 12-15
LECTURA DO LIBRO DE AMÓS
Vaite como profeta ao meu pobo
Naquel tempo, díxolle
Amasías (sacerdote de Bethel) a Amós:
- "Vidente,
vaite, fuxe para a terra de Xudá;
come alí o teu pan, fai alí de profeta,
mais en Betel non volvas profetizar
pois é santuario real, é templo nacional".
Respondeu Amós e
díxolle a Amasías:
- "Nin eu son
profeta, nin da caste dos profetas,
xa que son gandeiro e coidador de sicómoros,
mais foi o Señor quen me colleu de trala grea
e foi o Señor quen me dixo:
vai profetizar ao meu pobo Israel.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 84,
9ab-10. 11-12. 13-14
R/. (8): Amósanos, Señor, a túa misericordia e dános
a túa salvación.
Escoitarei o que di o noso Deus:
certamente o Señor fala de paz
para o seu pobo e os seus amigos.
A salvación está xa preto dos que o temen,
a gloria habitará na nosa terra.
A misericordia e a fidelidade atoparanse,
abrazaranse a xustiza e mais a paz.
Na terra xermolará a fidelidade,
a xustiza ollará desde o ceo.
O Señor ha dar o seus bens,
e a nosa terra vai dar os seus froitos.
A xustiza camiñará diante del,
e a salvación seguirá as súas pegadas.
Segunda Lectura Ef 1, 3-14
(longa)
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Nel elixiunos antes da constitución do mundo
Bendito sexa Deus, o
Pai do noso Señor Xesús Cristo, que nos bendiciu con toda bendición nos ceos,
en Cristo.
Nel escolleunos, antes
da creación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha na súa presenza polo
amor.
El predestinounos a
sermos seus fillos adoptivos, por medio de Xesús Cristo, conforme o designio da
súa vontade, para loanza da súa gloria e da súa graza, que xenerosamente
derramou sobre nós, por medio do seu Fillo benquerido.
Nel, no seu sangue,
alcanzamos a redención, o perdón dos pecados, conforme á riqueza da súa graza,
que el fixo rebordar sobre nós con toda sabedoría e intelixencia, dándonos a
coñecer o misterio da súa vontade, o proxecto que el tiña para o realizar na
plenitude dos tempos: unificar en Cristo todas as cousas, canto hai no ceo e
canto hai na terra.
Por El tamén nós tivemos
a sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel que activa todo
conforme o proxecto da súa vontade, para sermos imaxe da súa gloria os que xa
antes tiñamos a esperanza en Cristo.
Vós tamén, despois de
escoitardes a mensaxe da verdade, o Evanxeo da vosa salvación, e crerdes nel,
quedastes selados co Espírito Santo prometido, que é garantía da nosa herdanza,
para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para loanza da súa
gloria.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
___________________________________________
Ou: 3-10 (máis breve)
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Bendito sexa Deus, o
Pai do noso Señor Xesús Cristo, que nos bendiciu con toda bendición nos ceos,
en Cristo.
Nel escolleunos, antes
da creación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha na súa presenza polo
amor.
El predestinounos a
sermos seus fillos adoptivos, por medio de Xesús Cristo, conforme o designio da
súa vontade, para loanza da súa gloria e da súa graza, que xenerosamente
derramou sobre nós, por medio do seu Fillo benquerido.
Nel, no seu sangue,
alcanzamos a redención, o perdón dos pecados, conforme á riqueza da súa graza,
que el fixo rebordar sobre nós con toda sabedoría e intelixencia, dándonos a
coñecer o misterio da súa vontade, o proxecto que el tiña para o realizar na
plenitude dos tempos: unificar en Cristo todas as cousas, canto hai no ceo e
canto hai na terra.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Ef 1, 17-18
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Que o Pai do noso Señor Xesús Cristo
ilumine os ollos do noso corazón
para que saibamos cal é a esperanza da nosa vocación.
Aleluia.
Aleluia.
Evanxeo Mc 6, 7-13
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Empezou a mandalos
Naquel tempo, chamou
Xesús os Doce, e empezou a mandalos de dous en dous, dándolles poder sobre os
espíritos malos.
Recomendoulles que non
levasen nada para o camiño, fóra dun caxato: nin pan, nin alforxas, nin cartos
na faixa. Que calzasen sandalias, pero que non levasen máis ca unha túnica. E
avisounos:
‑ Cando entredes nunha
casa, permanecede nela ata que marchedes. Se nalgún lugar non vos acolleren nin
vos escoitaren, ídevos, sacudindo o po dos vosos pés, para que lles sirva de
aviso.
Marcharon, e
predicaron a conversión. Botaban fóra moitos demoños, e curaban os enfermos,
unxíndoos con aceite.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
NON FAGAMOS CASTAS QUE SE ENROCAN EN SI MESMAS, SENÓN COMUNIDADE
VIVAS DE DIÁLOGO E PARTICIPACIÓN
TOMADO DE : remoldapalabra.blogspot.com
PÓRTICO
En tempos difíciles, a
tentación é baixar a garda das convicións, dos valores e dos principios e
arrimarse ao sol que máis quenta. E isto é o que moita xente está a facer hoxe
en día desde unha actitude do “sálvese quen poida”; o que non deixa máis que
translucir unha fonda desesperanza á vez dunha fonda desconfianza en todo e
todos. Porén, para nós os cristiáns a fe quere ser sempre un plus de sentido, estímulo, ilusión, constancia e esperanza. Cada
unha destas afirmacións ponnos de manifesto que crer é forza, sentido e loita
nas dificultades, de aí que non deberamos esquecer que neste momento non nos
toca baixar a garda e deixarnos ir; ao contrario, correspóndenos a nós, cando
parece que todo se derruba e que a confianza non ten espazo no mundo actual,
manter viva a presenza da mensaxe de Xesús que, unha vez máis, chámanos a non
caer na mediocridade. Venzamos a tentación de enrocarnos e desconectar do que
pasa no mundo, superemos o complexo de inferioridade no que moitas veces caemos
os crentes, e sintamos a radicalidade dunha mensaxe que desde a fe nos invita a
estar no mundo con actitude activa e nunca xustificadora do engano, a mentira e
a cobiza.
O PERDÓN
Polas
veces nas que o medo nos fixo pecharnos en nós mesmos, desprezando aos que non
pensan coma nós, SEÑOR, QUE NON
CONVERTAMOS A RELIXIÓN NUNHA CASTA.
Polas
veces en que nos sentimos superiores e desprezamos aos demais, CRISTO, QUE NON CONVERTAMOS A RELIXIÓN
NUNHA CASTA.
Por
ser demasiado cobizosos, e esquecernos das necesidades e preocupacións dos
demais, SEÑOR, QUE NON CONVERTAMOS A
RELIXIÓN NUNHA CASTA.
REMUÍÑO
ü Nin
eu son profeta, nin da caste dos profetas, xa que son gandeiro e coidador de
sicómoros: Moitas
persoas, por alardear, danse de cultas, importantes, con poder... querendo ser
profetas para o noso tempo. Uns profetas que pouco ou nada teñen que ver con
aqueles dos que nos fala a lectura de hoxe. A diferenza do que ocorre hoxe, o
profeta Amós fala desde a humildade,
a sinxeleza, a realidade. Cómo un simple gandeiro e coidador de figueiras podía
aspirar ao que supuña ser profeta?. Pero é a súa sinxeleza o que fai que Deus
se fixe nel e lle encomende unha misión, porque para Deus, a diferenza do que
ocorre con nós, non é a prepotencia senón a sinxeleza e a humildade o
importante, de aí que lle encomende a Amós a misión de ser a súa voz, os seus
ollos, o seu corazón. E do mesmo xeito que lle fai esta encomenda ao profeta
nola fai a cada un de nós: somos os seus profetas no aquí e agora de cadaquén, somos
profetas deste Deus, non de poder, ambición ou medo, senón Deus da tenrura, a
solidariedade e a confianza. El lánzanos o reto; a nós correspóndenos acollelo
ou non. É por ese camiño polo que temos que ir para poder percibir a
misericordia que nos mostra cada día.
ü Porque
nos escolleu: A
Idea de que somos nós a voz de Deus neste momento e para este tempo, vólvenola
repetir Paulo na carta aos cristiáns de Éfeso cando afirma que foi El quen os
escolleu, e se o fixo é porque sempre terma, se preocupa, acompáñanos e quere
sempre o mellor. Canto lle dicía Paulo a aqueles primeiros cristiáns dínolo e
vale tamén para nós dous mil anos despois. Por iso debemos estar, e de feito estámolo,
agradecidos e orgullosos por esta preocupación, por telo sempre ao noso lado,
por ser o mellor compañeiro na viaxe que cada un facemos ao longo da vida. Pero
é a súa unha escolla en liberdade, o que supón que diante da chamada que nos
fai, a resposta ha ser persoal, de cada un. Non vale o ter nacido aquí,
pertencer a esta cultura ou repetir, por tradición, o que xa fixeron os nosos
pais ou avós. Esa resposta ha estar moi por riba de costumes, para mostrarse
nos feitos, na maneira de poñerlle rostro e vida aos valores e actitudes que,
desde o evanxeo, imos descubrindo en Xesús. Necesitamos logo tomar en serio a
fe, e cando pedimos un sacramento, vimos ás celebracións, participamos nos
grupos de formación que nos ofertan, facémolo porque atopamos neles a
oportunidade de seguir afondando, madurando e coñecendo moito máis o que se
esconde detrás desas tres palabras que tantas veces usamos, e que non sempre
reparamos no que significan, como son “eu
son crente”. Non pode haber un crer sen vivir, como tampouco podemos
afirmar que vivimos como cristiáns se non cremos nin coñecemos cales son os
cimentos sobre os que se constrúe a fe de cada un de nós. Que sigamos camiñando
polos vieiros que van facendo de nós resposta á elección que Deus fixo; e nos
faga rebordar, o que hoxe non nada doado, de esperanza.
ü Recomendoulles
que non levasen nada para o camiño: Na sinxeleza da elección que El nos fai, na maneira
de concretar esta resposta por parte de cada un/a de nós, vaise facendo
realidade a fondura da fe na nosa vida. Cando Xesús envía aos discípulos,
explícalles o difícil e duro do cometido. Á incomprensión por parte dos que
mandan, engádeselle a coherencia no xeito de vivir, para poder ser verdadeiras
testemuñas, rostros e signo de Cristo. A chamada a non levar nada non é máis
que a expresión de que os corazóns apegados ao poder, aos cartos, ao dominio
sobre os demais, ao ter capacidade de comprar vontades e impoñer criterios e
visións, ao... non é máis que a antítese de canto fixo e dixo Xesús. Coma aos
doce noutro tempo, tamén a nós hoxe, Xesús nos chama e nos envía, pero inda que
cambiou o mundo, non cambiaron as condicións. Ao contrario, neste momento,
nunca máis ca hoxe, necesitamos toda a radicalidade posible á hora de vivir o
evanxeo para facelo crible aos homes e mulleres do noso tempo. Xa non son o
poder, as ansias de dominalo todo e de impoñer como única a visión non do evanxeo
senón dos dirixentes da Igrexa, o que hoxe fai visible a Cristo. Máis ben todo
o contrario. A El só poderemos mostralo nas actitudes de xustiza, igualdade,
liberdade, diálogo, desprendemento, acollida, tenrura e todas aquelas outras
que poñendo a persoa no centro, vaian construíndo espazos de humanidade e
tolerancia. Certamente, como Igrexa, e mirando cara atrás, e non moito atrás na
historia, temos que pedir moitas veces perdón, e necesitamos ser perdoados, por
tódalas veces nas que esquecendo estas actitudes, e polo tanto o evanxeo,
convertémolo nunha ideoloxía de poder, acumulación de riqueza e dominio, como
contradicindo a praxe e a mensaxe de quen nos diciamos discípulos. O seu ide
aos apóstolos, segue sendo o ide a nós, apóstolos e profetas no medio do noso
mundo, para que a súa palabra ilumine e ilusione o noso vivir e o dos irmáns.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Porque
queremos sentir a quentura da comunidade que acompaña o noso vivir cotián,
unímonos para compartir esta oración que sendo de todos, vai manifestando as
nosas angueiras e os nosos desexos. Facémolo dicindo:
QUE APRENDAMOS A COLLER A MAN QUE NOS TENDES
*
Para
que na Igrexa, principalmente, inda
que non exclusivamente, nos seus dirixentes, busquemos traballar con e desde a
humildade, a sinxeleza e o diálogo co mundo no que vivimos, OREMOS
QUE APRENDAMOS A COLLER A MAN QUE NOS TENDES
*
Que
desde a maneira de actuar nas nosas comunidades, sexamos recendo de acollida,
liberdade e respecto ao parecer do outro, preocupándonos por quen está
precisado do noso tempo, Oremos.
QUE APRENDAMOS A COLLER A MAN QUE NOS TENDES
*
Que
a resposta que persoalmente deamos á chamada que nos fai Xesús estea sempre
impregnada da sinxeleza do evanxeo e da humildade do actuar de tantos homes e
mulleres que ao longo dos séculos quixeron facelo vida, e nunca na prepotencia
dos poderosos e amos do mundo, Oremos.
QUE APRENDAMOS A COLLER A MAN QUE NOS TENDES
Con amor e tremor,
Señor, presentamos hoxe a nosa oración da comunidade. Que sempre sexa reflexo
do que nos acontece e nos preocupa. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Para o camiño, Señor,
non levo ouro nin
prata, nin cartos no peto;
fíome da túa palabra.
Non teño alforxa,
abonda coa túa compaña
e co pan de cada día.
Para apoiarme, un
caxato e máis nada,
que os irmáns e as
irmás animan e dan a man
cando o camiño se fai
duro,
cando sangro, tropezo e
caio.
Túnica, chega coa
posta,
pois non teño nada que
agochar
e o frío e a calor son
máis liviáns en familia,
E sandalias, unhas de
quita e pon,
ben axustadiñas para
que non fagan callo as cousas,
para andar lixeiro e
non esquecer o chan que piso
cando o teu Espírito me
ergue, me leva e me arrastra.
Case lixeiro de
equipaxe...
Sígote!!!!. Iso
bástame.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)