A Santísima Trinidade para nenos
Non hai nada
máis difícil que explica-lo misterio da Trinidade, así que pensei que o
mellor era recordar o sinal máis habitual polo que lembramos ás 3
persoas: o Sinal da Cruz. Sinxelo, ás veces difícil para os nenos, pero necesario e útil para a catequese.
Hai dúas maneiras de facer o Sinal da Cruz: Santiguándose e Persignándose.
Ao “santiguarnos”,
facemos unha cruz cos dedos da man dereita desde a fronte ao peito, e desde o
ombreiro esquerdo ao dereito dicindo: “No Nome do Pai, e do Fillo e do Espírito
Santo”.
Santiguarse significa SANTIFICARSE; protéxenos cunha cruz grande
a modo de escudo. Facer unha cruz sobre unha cousa ou sobre nós, é
santificarla, bendicila, poñela baixo a protección de Deus.
Ao “persignarnos”,
pedimos ao Señor que nos libre dos nosos “inimigos” cando pensamos (dos malos
pensamentos), falamos (das malas palabras) e actuamos (de facer cousas malas).
E para isto, facemos tres cruces co dedo polgar da man dereita:
- A 1ª na fronte,
dicindo: "Polo sinal da Santa Cruz,...
- A 2ª na boca, dicindo: ...dos nosos inimigos...
- A 3ª no peito, dicindo: ...líbranos Señor, noso Deus".
No hay comentarios:
Publicar un comentario