martes, 12 de junio de 2012

ALFOMBRA DE FLORES en LAMAS

Con motivo de la fiesta del Corpus, la Unidad Interparroquial de San Sadurniño, ha continuado con la tradicción de elaborar una alfombra de flores. En esta ocasión la Parroquia de San Julián de Lamas ha sido la escogida para su elaboración. Agradecemos desde estas líneas a los voluntarios que han prestado sus manos y sus flores para poder llevarla a cabo. A continuación mostramos unas fotos para enseñar detalles de la alfombra...





viernes, 1 de junio de 2012

DOMINGO SANTÍSIMA TRINDADE  CICLO B

Primeira Lectura     Dt 4, 32-34. 39-40
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
O Señor é Deus no alto dos ceos e no profundo da terra, e non hai outro máis ca El
                Faloulle Moisés ao pobo e díxolle:
                - Pregúntalles aos tempos antigos, que houbo antes de ti desde o día en que Deus creou a humanidade sobre a terra, e desde un cabo do ceo ata o outro cabo do ceo: Houbo algo tan grande coma isto ou oíuse algo semellante? Escoitou algún pobo a voz de Deus falándolle desde o medio do lume, tal coma ti a escoitaches, e seguiches vivindo? Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto aos teus propios ollos?
                Recoñéceo hoxe e dálle voltas no teu corazón: o Señor é Deus, arriba no ceo e abaixo na terra, e que non hai outro.
                Garda os seus mandatos e leis que eu mando hoxe: serache bo para ti e para os teus fillos despois de ti, e alongarás os teus días sobre a terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar para sempre".
                               Palabra do Señor                                                R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL     Sal 32, 4-5. 6 e 9. 18-19. 20 e 22
R/.  (12b):  Feliz o pobo a quen Deus escolleu como herdade.
A palabra do Señor é recta
e todas as súas obras son leais:
el ama o dereito e a xustiza,
a súa misericordia enche a terra.
A palabra do Señor fixo os ceos,
o alento da súa boca os astros todos,
pois El falou, e todo existiu,
El mandouno, e todo xurdiu.
Os ollos do Señor están postos nos que o temen,
nos que esperan na súa misericordia,
para librar as súas vidas da morte,
para os manter no tempo da miseria.
Nós agardamos o Señor:
El é o noso socorro, o noso escudo.
Veña a nós, Señor, a túa misericordia,
como de ti o esperamos.
Segunda Lectura     Rm 8, 14-17
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS Recibistes o Espírito de fillos de adopción, no que clamamos: Abba, Pai
                Irmáns:
                Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos de Deus. Pois non recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ao temor. Non.
                Vós recibistes un espírito de fillos adoptivos, grazas ao que podemos gritar: "Abbá": Pai!
                Este mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos fillos de Deus. E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo; se padecemos con el, é para sermos tamén  glorificados con el.
                               Palabra do Señor                                R/. Grazas a Deus
ALELUIA     Cf. Ap 1, 8
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo,
ó Deus que é, e que era, e que virá.
Aleluia.
Evanxeo     Mt 28, 16-20
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEU
Bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo
                Naquel tempo, os once discípulos foron a Galilea, ao monte onde Xesús os citara. Vendo a Xesús, prostráronse perante el, aínda que algúns dubidaban.
                Entón acercouse Xesús e díxolles:
                ‑ Déuseme todo poder no ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo, ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.
                               Palabra do Señor                                R/. Loámoste, Cristo

A Santísima Trinidade para nenos


Non hai nada máis difícil que explica-lo misterio da Trinidade, así que pensei que o mellor era recordar o sinal máis habitual polo que lembramos ás 3 persoas: o Sinal da Cruz. Sinxelo, ás veces difícil para os nenos, pero necesario e útil para a catequese.

Hai dúas maneiras de facer o Sinal da Cruz:  Santiguándose e Persignándose.
Ao “santiguarnos”, facemos unha cruz cos dedos da man dereita desde a fronte ao peito, e desde o ombreiro esquerdo ao dereito dicindo: “No Nome do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo”.
Santiguarse significa SANTIFICARSE; protéxenos cunha cruz grande a modo de escudo. Facer unha cruz sobre unha cousa ou sobre nós, é santificarla, bendicila, poñela baixo a protección de Deus.
Ao “persignarnos”, pedimos ao Señor que nos libre dos nosos “inimigos” cando pensamos (dos malos pensamentos), falamos (das malas palabras) e actuamos (de facer cousas malas). E para isto, facemos tres cruces co dedo polgar da man dereita:
-  A 1ª na fronte, dicindo: "Polo sinal da Santa Cruz,...
-  A 2ª na boca, dicindo: ...dos nosos inimigos...
-  A 3ª no peito, dicindo: ...líbranos Señor, noso Deus".