lunes, 27 de diciembre de 2010

Y la Palabra se hizo carne, y acampó entre nosotros


Pincha na imaxe e desfruta do video. Trátase do que segue:
"Sucede nun Centro comercial; todo o mundo está a tomar algo tranquilamente despois dun día de compras.
De súpeto, entre a multitude, unha moza que parecía estar a falar por teléfono comeza a cantar o Alleluia de Händel ante os comensais sorprendidos.
Acto seguido, outro mozo levántase e séguelle o ritmo da canción.
Como podes imaxinar, a multitude alí congregada non podía crer o que ouvía.
Nun principio quedaron coa boca aberta, pero deseguido reaccionaron e sacaron as cámaras dos seus móbiles para inmortalizar o momento. Pero aí non acabou a cousa, rapidamente uníronselles máis persoas.
Resulta que 80 membros do coro de Niágara de Canadá mesturáronse discretamente entre a xente do restaurante.
O que parecía un acto espontáneo foi algo previamente preparado durante varias semanas.
Había que telo todo planeado até o último detalle. Non podían informar a ninguén no centro comercial até o último momento para que a sorpresa fose completa. A pianista que se encargaba de ambientar musicalmente o centro comercial tocando panxoliñas foi a que se encargou de dar o sinal de saída ao facer soar as primeiras notas do Aleluia.
O resultado non deixou indiferente a ninguén. E é que os mozos do coro conseguiron que todo o mundo sentise o espírito do Nadal. Bordárono.
Unha aperta e Feliz Nadal!!

(tarxeta nadal chegada á redacción desta páxina)

No hay comentarios: