viernes, 25 de julio de 2008

Santiago de Silvalonga - Peregrinaxe



A celebración das parroquias neste día congregouse na Capela de Santiago de Silvalonga, ata a que peregrinamos camiñando 25 persoas dende a Parroquial de San Sadurniño. Esta foi a primeira camiñata parroquial. Saíuse ás 12:00 horas e ás 13:00 tivemos a Celebración da Eucaristía na Capela de Silvalonga cunha afluencia superior ás cen persoas. Rematada a Eucaristía tivemos a procesión do Apóstol, entrega dun pergamino ós camiñantes e finalmente un xantar compartido nos exteriores da Ermida. O vindeiro ano repetiremos a experiencia.

No hay comentarios: