A imaxe responde ó modelo románico do século XII, e sigue o estilo da virxe do Cebreiro, buscándose así algo acorde co que é a historia dunha parroquia que naquel tempo era mosteiro, e lembrando que a primeira Igrexa parroquial de Pedroso, ubicada no antigo castro da ermida, estaba adicada á Virxe Santa María.
jueves, 8 de julio de 2010
18 de Xullo. Bendición da nova imaxe da Nosa Señora na Igrexa de Pedroso
O vindeiro 18 de Xullo ás 12:00 horas terá lugar a bendición da nova imaxe realizada polo artesán escultor César Ouro, e que presidirá o alto do retablo maior da Igrexa. Na actualidade o retablo maior carecía de ningunha imaxe da Virxe e tiña a nota non litúrxica de ter duas imaxes de San Salvador. O San Salvador que ocupaba o lugar que agora ocupará a nova imaxe estará ubicado no lateral á espera dun pequeno retablo lateral onde quedará ubicado finalmente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario