lunes, 26 de julio de 2010

La Cruz y el Icono de la Virgen de las JMJ en nuestra Diocesis






La Cruz y el Icono de la Virgen que presiden todos los actos de las Jornadas Mundiales de la
Juventud, estuvo estos días en nuestra Diócesis de Mondoñedo-Ferrol. Estuvo en Mondoñedo,
Ribadeo, Viveiro y ayer 25 de Julio en Ferrol. Feligreses de la Unidad Interparroquial de San
Sadurniño participaron en algunos de los actos que hubo en Viveiro y en Ferrol.

lunes, 19 de julio de 2010

Historia de San Sadurniño

Logo de tres anos recollendo datos, comeza a redacción do libro da historia de San Sadurniño. Unha obra que vai ser fundamentalmente novelada para que o seu nivel de lectura sexa adecuada a tódalas xentes e para dar a coñecer dun xeito máis aberto as raíces do Convento do Rosario.

jueves, 8 de julio de 2010

Fotos da Procesión de Santa Isabel 2010












Colocación no Retablo da nova imaxe da Nosa Señora




Coa colaboración dos veciños e mediante dous andares de andamio, procedeuse á colocación nesta mañá da nova imaxe na Parroquial de Pedroso. A imaxe mide 75 cms é de madeira, e estas son as súas primeiras fotos antes da súa colocación no Retablo. A imaxe bendecirase na celebración parroquial do día 18 de Xullo

San Cristovo da Portela. Sábado 10 de Xullo


Celebración ás 10:00 horas. Ó remate será a procesión coas imaxes de San Roque, a Asunción e San Cristovo. Finalmente farase a bendición dos coches, camións e motos que se acheguen.

18 de Xullo. Bendición da nova imaxe da Nosa Señora na Igrexa de Pedroso

O vindeiro 18 de Xullo ás 12:00 horas terá lugar a bendición da nova imaxe realizada polo artesán escultor César Ouro, e que presidirá o alto do retablo maior da Igrexa. Na actualidade o retablo maior carecía de ningunha imaxe da Virxe e tiña a nota non litúrxica de ter duas imaxes de San Salvador. O San Salvador que ocupaba o lugar que agora ocupará a nova imaxe estará ubicado no lateral á espera dun pequeno retablo lateral onde quedará ubicado finalmente.


A imaxe responde ó modelo románico do século XII, e sigue o estilo da virxe do Cebreiro, buscándose así algo acorde co que é a historia dunha parroquia que naquel tempo era mosteiro, e lembrando que a primeira Igrexa parroquial de Pedroso, ubicada no antigo castro da ermida, estaba adicada á Virxe Santa María.