viernes, 29 de agosto de 2008

Exposición fotografía e roupas litúrxicas - Igrexa de Lamas - Domingo 31 de Agosto


Co gallo da II Feira de Artesanía que se vai celebrar esta fin de semana en Lamas a parroquia quere contribuir á mesma mediante unha pequena exposición fotográfica na que se narra a historia da parroquia de Lamas no século XX, en que se derruíu e se fixeron obras de reconstrución. Tamén se nos achegan 35 fotografías da procesión do Carme e San Xiao en diferentes épocas, e varias vestimentas litúrxicas que eran utilizadas na parroquia nesas solemnidades dende o século XVIII.

No hay comentarios: